3.6.15

De viaxe



Imos visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. O MUNCYT da Coruña ocupa un edificio de cristal, como non podía ser menos, foi inaugurado en maio de 2012.
Segue a liña pedagóxica da Casa das Ciencias, da Casa dos Peixes ou Aquarium Finisterrae, e a Casa do Home que recentemente acabamos de visitar, a Domus.
Fronte por fronte da vela da Domus nos levarán os ventos desta vez ata ata o Labañou ao pé do monte de San Pedro,  mesmo poderemos saudala, polo ben que o pasamos cando a visitamos.
Disfrutando tamén do Milenio e da perspectiva da península da Torre de Hércules, quen da máis por tan pouco?



MUNCYT 

Clica para ver o folleto do Museo

Exposicións actuais