1.6.15

A Festa das Flores


Sabela

Esta fin de semana celebrouse en Arteixo a Festa das flores, para celebrar o Maio. Nós sabíamos o porqué destra tradición.
Ao comezar o mes de maio, cantámoslle pois é o Mes das Letras.
Vimos una presentación na que se falaba dos Maios e as súas formas,, así aprendimos moito todo o mes, coplas, tipos de maios, para chegar ben preparados á Festa das Flores.
Cantamos coplas como:

Aí vén o Maio
polo Alto de Arteixo,
aí vén o Maio
cantan todos os nenos.
 
Maio, maio,
lindo e florido
maio maio,
cantade comigo.
 
Aí vén o Maio
olas rúas de Arteixo
aí vén o Maio
cantando o velo, velo...

 
Debuxamos maios e o pasamos moi ben , pero tiñamos un forte reto: A REVÁLIDA, e tivemos que andar amodiño, por eso, imos un pouco atrasados no Lagarto, agardade que xa estamos de volta.
 
Joana fixo este traballo sobre os Maios:
 
Os maios son construccións ornamentais feitas con canas cubertas de fiuncho e adornadas con flores, que ao final da festa son queimadas.
 
A duración do ciclo do maio depende do clima, mais soe ser  dende  de a primeira quincena de abril e a mediados de maio.
Cos maios, preténdese despedir ao inverno e anunciar a chegada de a primavera e desexar que sexa boa para as colleitas e o gando.
As mais sinxelas destas manifesacions son os de palma ou copla. Consiste en compoñer una cantiga e mentres a cántanlle a xente cun ramo de flores para que lles deixen bo aginaldo.
 
TIPOS DE MAIOS:
 
Palma ou copla, maios humanos, maios figurados e de barco.

Os elementos son:
Arbore do maio: É unha arbore traída do monte. Isto esta entendido toda Europa.
O rei maio ou a raiña do maio: É unha nena cuberta de ramallos ou alfaias que vai da man dun rapaz.