Amigos e amigas, xa pasou o esperado día. Visitamos o MUNCYT!
Camiño do Museo, vimos a praia de Riazor, a vela da Domus no Orzán, e a Torre de Hércules.
O máis emocionante do Museo, a viaxe en avión, xa volo contaremos.
E como sempre nos pasan cousas lindas cando imos a algún sitio, o mellor: Elba! Veunos buscar á porta con un sorriso enorme de benvida na cara.
Elba é bióloga e amosounos todo con moito cariño e paciencia explicando moi ben. Tamén nos dixo despois que sabiamos moitas cousas. pero ela sí que sabía todo, todo.
Houbo algo menos bo, porque Paulo e Derek que teñen vértixe, o pasaron un pouco mal nas pasarelas de cristal, sobre todo Derek, que foi moi valente e seguíu adiante, embarcou no Jumbo e disfrutou moito.

Ao saír o bus levounos polo Portiño, pasamos polo Milenio e vimos o polbo sentadiño no paseo, e a Torre parecía querer subir no autobús.
Gustounos ver as illas de San Pedro, Bens e sobre todo chegar a Monticaño, quen quere comer coa tentación de columpios, paseos e tirolinas...
Pero tivemos que comer! Esperar un pouco antes de comezar a xogar... Cousas desas que din os maiores que hai que facer.
Tivemos tempo para todo, xogamos, caímonos, pelexámonos, amigámonos. Tamén había unha pantasma nos servicios, dende alí saían laios arrepiantes.
Unha pista, Manuela atopou unha bolsa de froita agachada detrás dunha porta.... Sabedes de algún neno que non pode comer froita por ser víctima dun feitizo?
E para rematar, un suculento xeado, hummm!