1.6.15

Do porqué das cousas


De como se explica que os nenos e nenas de agora non teñan os mesmos gustos que as súas nais e país á hora de comer


    Hai moito tempo, cando os nenos eran listos e lles gustaba a froita e a verdura, non coma agora que
somos un pouco parvos e non gustamos de andar a comer froitas nin verduras de seguido. Ha!  Esquecía dicir que os nenos e nenas tamén facían deporte.
Pero as bruxas non querían que os nenos estiveran sans coma mazás, e idearon para evitalo unha apócema para que non lles gustaran tantas cousas boas.
E mesturaron una chea de cousas, herbas, dentes de allo,  ósos de rato, rabo de lagarto, teas de arañeira ....
Meteron todo  nun pote remexeron e coceron aquela mestura un século alomenos, ata que estivo todo ben cocidiño.
Un día quixeron  facer a proba do bebedizo e déronllo a probar a un neno que andaba a correr polo Paseo á altura do noso cole.
O neno probou  o cocemento das bruxas e dixo que estaba rico, pero xa non dixo  máis nada porque caeu enfermo.
Ao pouco  desatouse unha epidemia e foron contaxiándose os uns aos outros...
E é así o que explica  que nos tempos de agora aos nenos e nenas non nos gusten as froitas e as verduras.
Somos inocentes víctimas dun feitizo!
Álvaro