20.2.08

Visita á Voz




Hoxe visitamos as instalacións da Voz de Galicia en Sabón. gustounos moito o Museo Fernández Latorre, neste enlace podereses realizar unha visita virtual.
Xa vos iremos contando todas as nosas impresions.

Eclipse de lúa


Foto: "Luar en Sésamo" (Manuela)


Entre as catro e cinco da madrugada de hoxe, haberá un eclipse de lúa que se vos erguedes tan cedo, e non hai nubes poderedes ver nos nosos ceos.


O ano pasado houbo tamén un eclipse de lúa, se recordades, que podemos ver agora neste enlace da Casa das Ciencias.






Eclipse de lúa video e secuencias do eclipse en imaxe, moi interesante, Observatorio UCM










O Lagarto



























Páxinas centrais daúltima edición de: O Lagarto.

O Lagarto




O noso Lagarto como fixo tan bo tempo andivo a tomar o sol e non acudíu á cita, velaquí o tedes, ben guapo.

19.2.08

Mañá imos á Voz


Maña mércores, iremos a Arteixo, ata o polígono industrial de Sabón, alí poderemos ver o seu Museo, instalacións do xornal "La Voz de Galicia", hoxe visitamos xa a súa páxina web, e traballamos un cuestionario sobre
os xornais, a súa historia, edición, dirección.... unha morea de cousas.
Estamos moi ilusionados coa visita.
Redacción

15.2.08

Saúdos Arxentina!

A familia de María Josefina, grandes admiradoras do Lagarto Dixital, alá na outra beira do mar, en Pilar, Bos Aires, Arxentina, votan de menos unha foto do colexio e teñen moita razón pois non había ningunha do edificio, miren que bonito é na mañanciña de este día de inverno.
Este é o Edificio 2, o "Colexio novo" para nós, nel están as aulas de Educación Primaria.

No Edificio 1, o "Colexio vello" están as aulas de Educación Infantil, que enseñaremos outro día, pero teñen que agardar un chisco a que lles explique todo Mª Josefina, que aínda que ten moita morriña está moi contenta e ten moitas amigas.

14.2.08

Investigando


Investigamos na cultura e literatura rusa para poder representala ben no desfile, tamén aprendemos que utilizan un alfabeto distinto, chamado cirílico, e foi moi divertido e interesante todo.


Adrián trouxo unha matriuska e debuxámola, mirade que bonita nos quedou. A profesora de 4º A, dona Concha, tróuxonos o conto "Matriuska" e gustounos moito.
Para agradecerllo fomos a súa clase a lle lo ler aos seus alumnos, dixeron que o fixeramos ben...


Redacción

7.2.08

O presentador


Imaxe: Mª Dolores Díaz Velasco


Brais de la Iglesia, presentador do Desfile, abandonou o micrófono para desfilar co seu grupo, non quixo nin por un intre deixar de cumprir as súas obrigacións.

TIC



Por fin chegou o momento de baixar á aula de Informática, estamos a traballar fraccións e fraccións sen parar...

Esto é unha pasada, asi entendemos todo, todo... palabra de Adrián!

Esperando...





@s compoñentes do Russian Olympic Team agardan impacientes o momento de saír á pista de desfile.