14.11.17

A mensaxe

O venres andaba eu a dar unha voltiña ao sol pola horta, nestes días  de seca nos que as plantas e as árbores agroman en vez de tirar as follas,  sentín o arrecendo do fiúncho e acordei que xa estábamos no Magosto!

Neste tempo sempre lembro ao marabillosos colares que me facía a avoa, os contos da tía, tantas cousas, si póñome sentimental.

Baixei ata a castiñeira vella, que reverte de castañas, pero como imos apañar nin asar castañas con tempo de San Xoán… Apartei unha morea de ourizos de xeito que non se voten a perder, e limpeille unhas  hedras á vella amiga.

Ao pé da castiñeira, había unha presiña de follas murchas, e as repañei  para gardalas no cesto do lixo.  Ao me agachar para rematar de limpar, unha raiola de sol reflexou no chan como se houbese un espello de prata…  Vai que non sabedes o que atopei?

O meu compás, que desaparecerá,  e despois de búscalo por tódalas carteiras, gabetas e demais posibles lugares,  tiña dado por perdido!

Perdida está unha cousa cando a deixas por calquera lado, pero o meu compás, tiña un lugar preciso na carteira da escola, e sempre aparecía cando na clase de Sociais comezaba a falar da roseira dos ventos…  Pero, agora non toca falar dela?

Subín correndo e mirei, nas actividades de Sociais, nin unha palabra de norte, sur… Cousa rara, tampouco estaba no libro, desaparecera! Es se está o libro mal, ou esqueceron poñer esas páxinas na editorial. Non, comprobei 125 páxinas, todas alí, do 1 ao 125 sen faltar ningunha.

Puxen o compás na mesa diante de min, pensando o que puido  ter pasado, con mágoa porque gustábame falar da roseira, xirar a terra, a lúa…  e ver como andaban os rapaces e as rapazas a buscar o Norte.

 O compás abriuse, sen lle eu tocar, e dentro apareceu un papeliño dobrado. Desdobreino e  vin que tiña algo escrito:

“Perdoa profe, tivemos que coller o compás, porque é unha emerxencia, ou non temos festas de outono.”  Fátima

Unha emerxencia?  Que emerxencia era esa? Cando houbo unha emerxencia? Busquei na axenda, nada non. Este ano non houbo ningunha,  Por certo…. O que sí houbo houbo foron cabazas no Samaín, e a festiña no Magosto.

Volvín á carteira, e abrín a axenda, estaba segura das dúas festas…. E alí estaban apuntadas as dúas: Exposición de cabazas, recollelas o venres e levalas para a casa,  Magosto, reparto de castañas despois do recreo... Feito!

Acordei que Fátima, Lucas, Mael e Diego e Dani, tardaron en recoller as castañas. Dixeron que tiveran que esperar porque eran as últimas e lle las deixaran para os nenos e nenas de infantil, pero tampouco foi tanto tempo, e traían as castañas quentiñas na man.

Manuela