13.2.15

Día da Radio

 O Lagarto felicita a Radio Furoca

Celebramos hoxe o día da Radio, un gran medio para a difusión da actualidade aínda agora, non digamos en tempos pasados, que tantas alegrías proporcionou, lembrades os discos adicados, o parte...?  


Parabéns aos nosos amigos de Radio Furoca, a radio do noso corazón, saúdos a todos os que facedes posible ese proxecto entrañable alumnos, mestres e colaboradores.

Alí naceu o Lagarto tamén, e seguimos a colaborar.
Graciñas pola vosa xenerosa axuda compañeiros e compañeiras, xa vedes que hai  futuro.