3.5.13

De ciencia

 

De onte, de hoxe e de mañá

 Onte visitáronnos os avós e avoas da Baiuca e aprendéronnos xogos de cando eles eran nenos... Xa pasou algún tempo, verdade? Pero entusiasmaron a todos as carreiras de chapas, a billarda, a mariola como debe ser, o aro de ferro... Por certo:

 Hai lume nesta casa?

Graciñas por esta visita tan proveitosa avós e avoas. Xa vedes como sopra o Nordés no patio, pero os netos pagan a pena, nonsi? Sodes estupendos!

Hoxe temos un día cheo de sol e maio xa peta na porta, que vos parece se dades unha voltiña ata o parque de Santa Margarida? Alí poderedes dar un pasea pola Ciencia e visitar de novo as estrelas que tanto nos gustaron. Apuntate!
Que non podes ir? Todo ten solución na vida, clica na imaxe ou neste enlace e disfruta.