22.10.08

Tempo de castañas











O outono anda a tinguir a natureza de dourado, aínda que este ano resistíronse viñeron as chuvias onte pero non parecen querer quedar onda nós, e o sol brila de novo sen querer marchar.
As árbores van perdendo as súas follas e terra está a se preparar para a invernía.
Entramentras, andamos a asar castañas grandes e boas este ano, para celebrar a xenerosidade da natureza, nalgúns lugares da nosa comunidade fan no magosto boas festas, como en Ourense.
Polas terras do norte somos menos festeiros neste intre, pero damos boa conta das castañas, facemos colares con zonchos que colgamos o día de Todos os Santos, como nos aprenderon as avoas e lembramos a todos os nosos devanceiros.

Gastámonos moitas falcatruadas, mandanche a un cuarto da casa no que por casualidade non funciona ningún tipo de luz, ata que ves un resplandor arrepiante dentro dunha cabaza, ou sintes un berro que da medo... cando menos, e por Cedeira, arman unha boa festa dende hai anos grazas a un mestre que andivo a pescudar nos libros e a falar cos vellos, cousa que esquecemos a miúdo.

En resumo, sabido é desde vello que non é tempo de ser ben mandado, despois soupemos que isto é o tempo de magosto e samaín... pero nono esquezas:

Isto non é o jalogüín,
sí, oh, sí,
é o noso Samaín!



Feliz aninovo!