24.9.08

Famosiños

Comezan a coñecernos na escola, Jenny falou coas súas amigas do Chiquiliestudia e elas, espelidas, entraron no Lagarto. Felicitaronme porque lles gustou moito. Grazas rapaces e rapazas de sexto.
Falando de sexto, anda por alí un grande debuxante chamado Ismael Ramos que é vello coñecido do Lagarto dos contos, cando veu dar ás terras de Arteixo. Grazas Isma, como estás tan grande non te coñecín, pero O Lagarto sí, esperamos os teus preciosos debuxos, saúdos de Marlene que comezou no IES de Pastoriza este curso.