13.12.07

100 ANOS RUMOROSOS




¿Qué din os rumorosos

na costa verdecente

ao raio transparente

do prácido luar?

¿Qué din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar?


Do teu verdor cinguido

e de benignos astros

confín dos verdes castros

e valeroso chan,

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sono

fogar de Breogán.




Eduardo Pondal


O día 20 de decembro de 1907, no Gran Teatro da Habana os espectadores escoitaron unha música singular que os levaba á outra banda do mar ata a vella terra querida e añorada por moitos dos presentes.


Facíase presente na maxia da música a Galicia do mar e da montaña, a da morriña e a da esperanza estaba a soar "Os Pinos" con letra de Eduardo Pondal o cantor de Bergantiños, e música de Pascual Veiga.


Aquelas salgadas bagoas de mar e ríos, deitadas polos galegos de alá perdura na emoción dos galegos de aquí.



Estaba a soar o HIMNO GALEGO!


Foi na Habana, coma non podía ser de outro xeito, a estrea do Himno do país dos emigrantes era, para se cumplir o sino, escoitado por primeira vez na Galicia emigrante.


Por eles!
-