7.3.07

Día Internacional da Muller


Día da muller traballadora.
Qué muller non o é?
Que persoa non o é?


Aproveitemos, sen embargo a data, un día ao ano, para pensar, deixar atrás as inxusticias e desigualdades.
Velaquí unha muller que ben gañou a homenaxe:


MARIA MARIÑO

Letras Galegas 2007


Este ano, coñeceremos moitas cousas da autora, pero ela dínos que é así:



SON A SUMA TOTAL

(Verba que comenza, 1963)

Son a suma total
Son a suma total
daquel que foi medindo a pegada
aquela que non digo,
pegada que soia se puxo o seu nome.

Son resta da esperanza
-diferencia quedou-
Multiplicada xa nacín,
pra qué dividirme agora?

Así sinte María o Mar...
Crucei o mar da Marola e faloume no seu són,
faloume aberto en voz sonora
e ritmo forte.

As gueivotas non paraban, revoloteaban mariñeiras.
Picaban as augas do sal
vermello e argazo en rolo.


De Verba que comenza