10.6.08

Xa estamos a rematar o curso

Despois de cantar e bailar o Chiquiliestudo que tanto vos gusta non esquezades:


Se tedes a oportunidade de pasar por Zaragoza, visitade a Expo, adicada a Auga, espero que vos guste este video, hai que reciclar e coidar o planeta tamén en vacacións, bicos a todos e a todas!

9.6.08

A túa aula

Hai un lugar no corredor
para poder medrar,
axudar ao compañeiro,
facer pontes de papel,
esquecer o non sei,
dicir cousas bonitas,
debuxar os soños.


No alto da escola
onde os ventos zoan,
á beira do Lagarto,
nas terras da Laracha
bravas coma o mar,
onda tí­ descubres
a fortaleza das súas xentes,
e a túa propia,

na túa Aula
para sempre...

Voade lixeiros

rapaces e rapazas...
Boa viaxe
!

O teu ordenador non estará de vacacións


Estamos a rematar o curso, e o verán é un bo momento para repasar coñecementos, realizar actividades ao aire libre, xogar cos amigos, visitar a familia... tantas e tantas cousas!

O Lagarto quere invitarvos de novo a saber máis, non abonda con saber premer o botón para acender o ordenador e clicar o rato...


Aquí tedes unha páxina sinxela para coñecer un pouco mellor ao voso amigo favorito, e non esquezades traballar un pouco o teclado, paga a pena.

6.6.08

Visita a Paris







a por Ana Brandariz Movilla

O día 30 de Maio fun a Paris coa miña familia.
Paris é unha cidade chea de monumentos antigos, o primeiro día visitamos Notre Dame que é a catedral da cidade. A empezaron a construir no século XII e foron necesarios dous séculos para facela. E unha catedral de estilo gótico, onde destaca a gran cantidade de luz que entra no edificio.
Despois fixemos un recorrido en barco polo río Sena, parando en distintos monumentos e edificios tradicionais.
A primeira parada foi na torre Eiffel que a construíu Gustave Eiffel.
E unha torre de ferro que ten 1710 escalones e foi visitada por primeira vez en 1889. Nos subimos ata o segundo piso porque o terceiro estaba pechado, visto dende arriba causa unha gran impresión porque vese todo Paris. O que máis me gustou foron os xardins Champ-de-Mars, e o xardín das Tullerías.
Seguidamente volvemos montar no barco pasando polo museo D`Orsay, un edificio precioso que era unha antiga estación.
Continuando a viaxe no barco poidemos disfrutar doutros edificios preciosos como o museo de Louvre, Palacio Real e Les Invalides.
A última parada foi no museo de arte moderno, centro Pompidou, terminado de construir en 1977. Trátase dun museo de arte contemporánea feito de cristal, tubos e moitas cores.
Antes de coller o metro para regresar a casa pasamos polo Hotel de la Ville, que é o concello de Paris.

O seguinte día atravesamos todo Paris en metro, de sur a norte, para visitar Montmartre e o Sagrado Corazón.
O Sagrado Corazón é unha igrexa católica construída no ano 1875 e rematada en 1914, o seu estilo e románico-bizantino.
As vistas desde a cúpula son moi impresionantes, xa que a igrexa está nunha colina onde se pode divisar todo París.
Dedicamos a última tarde a pasear polas rúas de Montmatre, pasando polo Moulin de la Galette e o Moulin Rouge, a plaza dos pintores, cementerio de Montmatre… etc
Para visitar París e imposible velo todo en dous días, é inmenso e un paraíso.

29.5.08

27.5.08

Estudia, estudia... CHIQUILIESTUDIA

Queridos amigos e amigas de O Lagarto, estamos a entrar na recta final do curso, un derradeiro esforzo e tranquilidade, o traballo realizado nestes meses, vai dar como resultado unha manchea de boas notas, seguro!
a Aquí vos deixamos un divertido consello:
Estudia, estudia.
Los exámenes finales
Se preparan así:
Uno, la lectura
Dos, el subrayado
Tres, el memorizar
Cuatro, el recordar.
Sigue estudiando
sigue estudiando,
sigue estudiando,
si quieres aprobar.
Estudia, estudia.
Se prepara el aprobado
con los libros en la mano.
Uno, la lectura
Dos, el subrayado
Tres, el memorizar
Cuatro, el recordar.
Sigue estudiando
sigue estudiando,
sigue estudiando,
si quieres aprobar.
Remitido polos amigos e amigas de Radio Furoca

22.5.08

Visita a Santiago



> por Pili O luns 19 de maio os alumnos e alumnas de sexto fomos de visita a Santiago, saímos da Laracha sobre as 10,15 en bus.
Ao chegar, o primeiro lugar ao que acudimos foi o Parlamento. Recibíunos Sara, que foi a guía que nos levou ata donde o grupo do PSOE se reúne para elaborar propostas para os galegos e as galegas.
Alí tamén, non ensinaron uns cadros que foron feitos todos por galegos como Quesada. Despois mostrounos a sala de recepción onde estaban os cadros dos presidentes do parlamento que houbo antes, despois fomos ao Hemiciclo, que é o lugar onde debaten o presidente, os conselleiros e os diputados. Brais estaba sentado no sitio do vicepresidente Quintana e Sergio no do Presidente Touriño, e para rematar a visita entramos na Sala das Letras Galegas onde están colgados as caricaturas dos autores homenajeados dende 1963, realizadas por Siro.

Logo fomos comer ao restaurante da Universidade no que podías comer o que quixeras do que había, a comida estaba moi ben.

Ao rematar o xantar, demos de paseo pola Alameda e xa nos diriximos á Catedral pola Rúa do Franco. Ao chegar empezamos a facer fotos sen parar á fachada do Obradoiro de bonita que era, tamén entramos e vimos o Pórtico da Gloria, o Santo dos Croques, baixamos a cripta onde están os restos do Apóstol, pero non lle puidemos dar a aperta porque aínda non era a hora das visitas, e a Capela da Corticela.

Para rematar a viaxe visitamos Galicia Dixital, entramos de dezásete en dezasete. Vimos mogollón de pelis con gafas especiais, nunha pantalla aparecía o botafumeiro e tiramos das cordas para movelo coma se fosemos tiraboleiros, a que nos marcaba o momento era a guía.

Tamén nos situamos no noso colexio a través dunhas imaxes aéreas, e vimos como unha especie de submarino no que entramos para poder ver as distintas especies de peixes que viven nas augas de Galicia.
Pero o que máis me gustou, foi como nos parecía que montabamos nunca montaña rusa polos tellados da Catedral. Foi xenial!
Logo cando terminou a visita, deixáronnos comprar algún recordo de Santiago antes de ir para a estación do tren e volver para casa, en tren!

Pasámolo moi ben!

21.5.08

Hip-hop de Bruna e Rufino


> debuxo: Dona Carme, nai de Bruna por Brais de la Iglesia


DE NOITE E DE DÍA

COMO NOS GUSTA

O HIP-HOP CANTAR

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... Sí…

EN GALEGO…

SOA MELLOR

O NOSO CANTAR.


PALABRAS FERMOSAS

COMO PAI E NAI

QUE LEVAN ATA O CEO

O NOSO FALAR,

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... SI…

EN GALEGO…


SEMPRE EN GALEGO

PODER MOCEAR

SEMPRE EN GALEGO

EN TODO LUGAR,

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... SI…

EN GALEGO…


DE NOITE E DE DÍA

COMO NOS GUSTA

O HIP-HOP CANTAR.

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... SI…

EN GALEGO…
Letra: Manuela
Interpreta: Grupo Teatral O Lagarto, integrado polos alumnos e alumnas de 6º A

Semana das Letras

Estivemos a disfrutar a tope na Semana das Letras, houbo exposicións de cómics, tres corre-libro, día da música, do cine, do teatro, e Radio Letras no recre! con música galega, recitados, cantares feitos por compañeriros e compañeiras, e tamén... día de:
Os nosos falares, no que nos deron un exemplar da revista a cada un... emocionante.

> Pili Cotelo, redactora

5.5.08

Grazas amig@s!






Xa superamos as 12.ooo visitas nestes días!




Grazas a todos e todas por nos visitar. Estamos moi felices!




Apertas e bicos!








Equipo de redacción de O LAGARTO DIXITAL