O 13 de febrero de 2015 desapereceume o caderno
de Naturais. Busquei por todas partes da miña casa, do colexio pero nona
encontrei. Tiña unas cantas actividades por facer e moito medo. Así que
díxenllo á miña nai que contestou:
-Tes que volver copiar as actividades.
Volvín a buscar o caderno, e nada. Por sorte ao día seguinte era venres, a festa dos disfraces. Aínda tiña catro días de vacacións de Entroido para
buscala.
Pasaron os catro días, as festas acabaron e
o caderno nono tiña. Ao chegar á escola, Manuela, a miña mestra,
déume o caderno.
Olvidárame de que me pedira o caderno para correxilo! E xa
non me preocupei máis.
Volvín á casa feliz con un: Moi ben! no caderno
e un sorriso para a miña nai, que non se enterara de toda a historia, pero eu conteílla.
> Gloria