21.11.06

Por que...?


Por que escollerían no noso Parlamento un carballo para nos agasallar e non outra árbore?
Dende tempos moi antigos, os nosos devanceiros xuntábanse ao abeiro dun carballo para tomar as decisións importantes.
Para nós segue a ser a nosa árbore, aínda que estea en perigo, xa que crece amodiño.
A nosa literatura ocúpase da boa conta de carballos e carballeiras, quen non agradece a súa sombra nas romerías despois do xantar ou bailar unha boa muiñeira.
Saberías dicir onde está o famoso Carballo da Portela?
Pregunta na casa se saben o cantar:

"O carballo da Portela
ten a folla revirada,
que lla revirou o vento
unha mañán de xeada."

Claro que o saben, agora cóntalles tí cousas del, seguro que gañas una boa viaxe.