23.11.06

Biografías



MARCO POLO

> por Pili Cotelo Rey

Navegante e explorador veneciano (1254-1329). O seu pai Nicolás tanto o seu e o seu tío Mateo (ou Maffio) eran mercadores dedicados ao comercio con Oriente e alcanzaron China, chegando a Khanbaliq ou Cambaluc (Pekin) onde logo de seren recibidos por Kublai Jan volveron como enviados cunha carta para o Papa.
Emprenderon unha nova viaxe levando consigo ao novo Marco. Na primavera de 1271, atopáronse novamente na corte de Kublai e este nomea a Marco gobernador dun dos seus estados.
Os viaxeiros permaneceron en Oriente ata o ano 1292, regresando tres anos máis tarde a Venecia.
No transcurso da guerra con Xénova, Marco Polo, que estaba á fronte dun navío, é feito prisioneiro nun combate naval.
Durante o seu cautiverio dictoulle en francés a un compañeiro de presidio, Rustichelo de Pisa, o relato da súa viaxe.
Marco é liberado en 1299, pasando a ser membro do Gran Consello de Venecia, cidade na que morreu. Profundo observador, aínda que non sempre exacto e verosímil, describe gráficamente nas súas narracións os pobos e costumes de Asia.
A veracidad dos escritos de Polo, considerado exaxerado polos seus contemporáneos, foi posta en dúbida e ata a realidade da viaxe.
Pretendendo gozar durante 17 anos do favor do emperador mongol que lle enviou a distintas misións por China, resulta estraño que non mencione a Gran Muralla ou a cerimonia do té.
Tampouco aparece o nome de Polo nas crónicas nas que se rexistra aos visitantes. Todo o fundamento do libro pódese atopar nas guías persas. Guiándose polos mapas de Polo, perdéronse xa de camiño a Oriente en Constantinopla.
Malia todo, non se pode negar en cambio, o influxo e feitizo do libro das marabillas do mundo nos homes do Renacimiento.
Se queres saber máis sobre Marco Polo