28.11.06

Obradoiro "Medrando en Igualdade"


Hoxe á tarde dentro do programa de actividades do Concello traballamos na aula de informática sobre a Igualdade.
A actividade consistía en ir vendo a diferente situación da muller na historia, e o seu papel na sociedade.
Descoñecíamos moitas cousas, o dereito a ir á escola, o non ter dereito ao voto, o dereito a unha retribución económica polo seu traballo a dependencia do seu pai e despois do seu home...
Tamén traballamos situacións de maltrato físico ou psíquico.
En xeral da falta de respecto porque... todos somos iguais.
Ao final fixemos unhas actividades interactivas e mesmo nos felcitaron pois non tivemos ningún tipo de linguaxe sexista.
Grazas Ana, por axudarnos a pensar, como tí dixeche nós somos os que temos que cambiar a sociedade.