Esta panxoliña é a que imos dramatizar no Festival de Nadal, se queres oila pincha aquí:
No pendello que hai xunto o camiño,
hoxe as doce da noite naceu
un Meniño, Pequeniño,
que parece do ceo caeu. (Bis)
Entre o bafo de dous animais
pois o pobre cubertas non ten,
nin señales de pañales
para tapalo do frío se ven.
Levareille logo este manteo
anque as tellas coas pallas lle fai
e un roseiro de bocelo
para que faga os caldos súa nai.
Levareille tamén esta mitra
pois é o Neno mais guapo que eu vín
e a cabrita máis bonita
que para el no cortello escollín.