25.2.15

Pasei a Ponte de Baio



Celebramos onte o día a mellor rosa de cenfollas da nosa terra, Rosalía. Os nenos e nenas da nosa clase cantámoslle a súa Alborada porque é unha gran festa.
Buscamos poemas e coa axuda da nosa familia, descubrimos que  era un día moi especial e nos axudaron a coñecela mellor, Algúns escribimos os poemas favoritos de Resalía que nos aprenderon na casa e compartimolos na clase. Non queriamos que acabase nunca a clase de galego de onte!  
Ah!, fixemoslle en tódolos cadernos unha rosiña de cenfollas.
Aquí un agasallo, tamén, para as nosas familias, as que cantan son as pandereteiras de Baio. Manuela dí que son as mellores do mundo porque son quen de cantarlle á Ponte de Baio en Sevilla e mesmo o Guadalquivir  a tiña ciumes de que non lle cantensen  endexamáis a el tan ben!