13.2.15

Venres de Entroido




Ola amigos e amigas, onte martes de comadres artellamos todos os adobíos que nos facían falta para o noso traxe de gala para o desfile de Entroido. Esperamos que poidamos saír a dar unha voltiña para que vexades a elegancia dos vosos fillos e fillas.

Aproveito para agradecervos a todos e todas, pais, nais, avoas, avós, tías, tíos... a vosa inestimable colaboración, grazas por tantas molestias e atencións.

Graciñas especias tamén á profesora Patricia que nos axudou a nos poñer elegantes para a festa.