MAGOSTO no PEDRAYO
VENRES 27 DE OUTUBRO
Para celebra o Magosto, agasallaremos á castiñeira que está a agromar na entrada coas vosas creacións artísticas ou literarias.
Así xordirán poemas, refráns, adiviñas e contos entre as follas, castañas e cogumelos, coma froitos de outono.
Estades todos convidados a participar tamén traendo castañas das de "comer" e rachóns, para que o profesor Antonio e os seus axudantes as vaia asando amodiño, sen pasaren moita calor, mentras nós cantamos.
BON MAGOSTO A TODOS!
Comisións de Extraescolares e Normalización Lingüística