5.10.06

Chuvias perigosas


> por Melanie Guillín Martínez

O pasado luns día 2, comezamos as clases pola tarde, cando saímos da escola chovía tanto que todos chegamos mollados á casa.

Ao día seguinte, na tele puxeron unha reportaxe. Dicían que no concello de Cee, os veciños quedaran pasmados ante a cantidade de auga que caera na súa localidade.

A maior intensidade de chuvias coincidíu coa saída dos rapaces e rapazas da escola, e houbo moitos problemas pois non estaban reparados os desperfectos causados polo Gordon.

Choveu tanto que a auga alconzou un metro e medio de altura e cubríu parte dos coches aparcados na rúa, e mesmo foron arrastrados pola riada a máis de cincocentos metros de onde estaban.