
Magosto: As avoas,as nais, as madriñas ...
Con zonchos enfiados facerannos os colares de castañas para os nenos e as nenas.
Canto máis largo sexa maior será o sorriso do portador ou portadora do agasallo e o dos amigos cando o vexan tan guapo.
O ar mudou de rumbo na roseira dos ventos e o arrecendo de Magnolia volveu ás vellas terras de Arteixo.
> por Melanie Guillín Martínez
O pasado luns día 2, comezamos as clases pola tarde, cando saímos da escola chovía tanto que todos chegamos mollados á casa.
Ao día seguinte, na tele puxeron unha reportaxe. Dicían que no concello de Cee, os veciños quedaran pasmados ante a cantidade de auga que caera na súa localidade.
A maior intensidade de chuvias coincidíu coa saída dos rapaces e rapazas da escola, e houbo moitos problemas pois non estaban reparados os desperfectos causados polo Gordon.
Choveu tanto que a auga alconzou un metro e medio de altura e cubríu parte dos coches aparcados na rúa, e mesmo foron arrastrados pola riada a máis de cincocentos metros de onde estaban.