15.9.14

Volvemos




Xa estamos de volta!
Como pasa o tempo, parece que foi onte cando andabamos a nos despedir e preparados para pasar un verán fantástico.
Os nosos amigos e amigas do curso pasado xa están cos seus novos mestres, e son uns rapaces grandes de quinto. 
O Lagarto ten que facer novos amigos, pero eles aínda no coñecen e anda preocupado por si o quererán ou non, todo ao seu tempo, xa falta pouco.

Benvidos:

Lucas, Paulo, Diego, Alejandro B, Martina, Marcos, Sabela, Iker, José Antonio, Derek, Alba, Noa, Andrea, Juan, Joana, Antía, Álvaro, Gloria, Nayla, Alejandro L, e Fátima