10.5.14

O misterio dos libros de Fina

Fina veu a nos contar o misterio dos seus libros. Tódolos nenos e nenas de cuarto quedamos moi contentos coa súa visita.

Contounos moitas cousas da súa vida, sobre todo de cando era nena coma nós. Sabedes que Fina dixo que os recordos da infancia sempre os gardamos aínda de velliños? Mesmo cortou unha manga para demostrar que aínda non esquedera os traballos de modista. Impresionante.

 Ao rematar foi moi amable e asinou unha chea de libros. Todos cantos tiñamos!

Queremos darlle as gracias á profesora Virginia por nos deixar os libros da Biblioteca, e a bibliotecaria do I.E.S. de Pastoriza, que tamén nos axudou, graciña Marta,  Á nosa Fina que sempre nos deixa a chave do cuarto do tesouro cheo de papeis e colores do arco da vella.

Un neno e unha nena de cada clase de cuarto limos acando chegou este texto, dixo que o gardará no seu corazón de pan de ovo.


Bos días Fina:

Presentar a unha escritora non é fácil, teño medo de non acertar coas palabras ou  non  utilizar os  verbos axeitados.
Pero hoxe non teño medo porque sei que Fina Casalderrey é una profe, comezou moi nova aos 19 anos xa era mestra.
Pero antes de nena,  aínda tivo tempo de aprender de costureira e modista como lle gustaba á súa nai, será por eso que cose tan ben as palabras.
Despois de mestra, fíxose escritora, e escribíu… Escribíu contos, teatro, de todo.
As persoas maiores dirían que recibiche varios premios, e que eres membro de algo moi importante que se chama Real Academia Galega da Língua.
Pero para nós,  eres aínda máis importante porque nos aprendiche a resolver canda David o misterio dos gatiños de Lúa.
A mín fixécheme rir con algunhas palabras do libro que  non dicimos diante da profe, nin dos maiores.
 Aprendichenos  a querer aos avós cos Parrulos pobres, gustounos o gato negro de pelo crecho na busca do calor dos coches. o  gato da miña avoa fai o mesmo.
A recordarlle á Terra que xirara porque non acababa a noite. A maxia dos pombais, e viaxar en trens de chocolate,  a levar a Isha no corazón.
Tamén choramos canda Nolo, coma el,  quereriamos facer  unha escaleira ata o ceo.
Fina, mestra, grazas por escribir e ata sempre,  apertas de vainilla!          

Arteixo 8 de maio do ano de Xosé María Díaz Castro

Ao se despedir regalounos apertas de améndoas.

Agora estamos a traballar resumo do que máis nos gustou, facémolo amodo, porque como dixo Fina non vale calquera palabra, hai que escoller a mellor... Que dífícil debe ser escribir un libro Fina!