Estamos no mes das Letras, onte recitamos para o celebrar un poema aos compañeiros e compañeiras de cuarto curso. aínda que estabamos preocupados, fixémolo moi ben!
Alba, presentadora
Coro de nenos: Iván, Saad, José
Coro de nenas: Laura, Sofía, Xulia
No tempo de ler escollimos unha palabra dun poema de Díaz Castro, tiñamos que atopala e escribir o verso no que estaba, que bonito...........!
Tamén aparece Pastoriza, unha bonita sorpresa unha Pastoriza en Lugo.
Descubrindo tamén na Voz de la Escuela que hai palabras PAN, sabiádelo?
Fixemos unha árbore de palabras e temos folliñas de palabras PAC, PAG, PAF, PAD...
As palabras PAD son as favoritas de Gabriel que vai correndo a buscalas no Dicionario e despois nolas le a todos.