23.4.14

Día do libro



Hoxe é 23 de abril! 
Comezamos as clases con este bonito mural que vedes na imaxe, todos o fixemos na libreta, e despois vimos unea presentación da  Escola dos piratas, o libro que tanto nos gustou.
Recordamos a lectura de Don Quixote que fixemos o curso pasado cando eramos pequenos. Se premedes aquí, podedes ver  un capítulo das aventuras de don Quixote, e hai tamén moitas actividades, xogos, debuxos para colorear.
Hoxe, despois do recreo, no tempo de lectura, imos ler no Salón de Actos uns capítulos do noso querido Plaatero, para tódolos nenos e nenas do Segundo ciclo, esperamos non nos trabucar na lectura.
Eleximos este libro porque, Platero como sabedes, cumple 100 anos!