Estamos a rematar o trunestre e tanto traballo trae consigo premios tamén. A semana próxima imos ir ao Teatro Colón da Coruña a ver unha peza de teatro: Valados
O autor é Agustín Fernández Paz
Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa
fermosa amizade e da súa vila, chea de vida, ata que un vento fantasmagórico
lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as
persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza co
veciño...
Prexuízos adultos suficientes para erguer un
VALADO que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao
outro.
A rebeldía, o enxeño e o amor que os unen
serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos
aínda que separados.
Un espectáculo no que a través da música, a
máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa,
lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e
insurrección.
Texto - Agustín Fernández Paz
Dramaturxia - Rubén Ruibal
Espazo sonoro - Manu Clavijo
Espazo escénico e vestiario - Neves Seara
Interpretación - Ramiro Neira, Estefanía
Gómez, Xurxo Cortázar
Asesoramento coreográfico - Kirenia Celia
Martínez Costa
Asesoramento pedagóxico e guía didáctica -
Estefanía Vázquez, David Seisdedos
Para saber máis deixo o enlace a Guía didáctica: Clicade