20.11.13

Por dereito

 
Os nenos e as nenas temos dereitos:
Artigo 1   Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2   O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3   Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4   Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5   Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6  O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7  Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8   Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9   Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10   Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole