23.11.13

Bonita semana

Estamos a rematar este fermoso mes de samaín, castañas e magostos. que comezou con un doble arco da vella madrugador, lembrades?



Cantas cousas pasaron esta semana, verdade? Celebramos os aniversario da Declaración Universal dos dereitos do neno e da nena... 
Pasámolo moi ben e descubrimos que aínda que nos apeteza comer tódolos días xeados xigantes ou tirar os libros ao lixo.... Eso no fondo non nos gustaría nada, porque como dixo Fran, onte ao traballar coa Voz da escola:
 
"Ë a primeira vez que non quero saír ao recreo e prefiro seguir traballando".

Pero, o dereito a voar.... era precioso verdade Sofi? Voade, pero traballade moito.


Tivemos tempo para aprender deseño gráfico, quen sabe se de entre nós están os futuros infógrafos de Arteixo.
Arte temos, mirade se non estas pixeladas:




 
 




E tamén, o sorriso da semana da man de Alberto, con una bonita e deportiva camiseta, en galego!