24.2.11

Na Biblioteca



Como traballamos hoxe!





Fomos á  Biblioteca do Concello, aprendemos moitas cousas:
-que non se pode falar e se o fas debe ser moi baixiño para non molestar a ninguén
-como están colocados os libros para podelos buscar e volver colocalos outra vez despois de os ler...

Tamén fixemos unha caza do tesouro para coñecer a Xulio Verne un escritor que viveu hai moito tempo  (1828-1905) e acertamos o anos que tiña ao morrer restando de memoria. 
Nos seus libros viaxou por todas partes, á Lúa, ao fondo do mar... Aínda non inventaran o submarinos, nin avións,  nin os cohetes espaciais.
Encantounos!

E... O queben sabe buscar, o que quere atopará.