26.4.07

Aí vén o maio...



“Aí vén o maio
de flores cuberto,
puxéronse á porta
cantándome os nenos.”

Aí vén o maio,

Letras vai traendo…


Letras son palabras,
son verbas, poemas.


Verba que comenza…

Con agulla de ouro
e fíos de seda,
María vai cosendo,
palabra a palabra,

Palabra no tempo…


Aí vén o maio.
O maio que eu quero,
e mil primaveras
para a Lingua Galega.


Manuela Canosa
LETRAS 2007