> por Beatriz Mallo
A praia de Caión
O día 10 de abril ao chegar, fomos á sala de Audiovisiuais para ver unha pesentación sobre animais e plantas que viven cerca do Mar.
Despois deso subimos ao autobús e fumos á praia de Caión. Alí déronnos unha ficha para apuntar todo o que víamos, gueivotas, algas, etc.
Fixemos grupos e propuxéronnos xogos nos que tiñamos que atopar o que nos dicían, algas, plumas de gueivota pola praia, e nas penas lapas e chupóns.
Tamén vimos na area mexillóns, atopamos nas pozas un queimacasas, que é un cangrexo moi pequeno e de cor negro.
A monitora que se chamaba Bea, ensinounos un caramuxo.
Ao día seginte, tivemos un obradoiro cos outros monitores, Pedro e Leticia, primeiro fixemos un cubo de cartolina con animais de mar en cada cara, despois ao tiralos ao chan tiñamos que ir dicindo as súas características.
No patio, xogamos tamén para aprender a cadea alimentaria, quen come a quen, pero tiña un nome raro que non recordo.