29.5.08

27.5.08

Estudia, estudia... CHIQUILIESTUDIA

Queridos amigos e amigas de O Lagarto, estamos a entrar na recta final do curso, un derradeiro esforzo e tranquilidade, o traballo realizado nestes meses, vai dar como resultado unha manchea de boas notas, seguro!
a Aquí vos deixamos un divertido consello:
Estudia, estudia.
Los exámenes finales
Se preparan así:
Uno, la lectura
Dos, el subrayado
Tres, el memorizar
Cuatro, el recordar.
Sigue estudiando
sigue estudiando,
sigue estudiando,
si quieres aprobar.
Estudia, estudia.
Se prepara el aprobado
con los libros en la mano.
Uno, la lectura
Dos, el subrayado
Tres, el memorizar
Cuatro, el recordar.
Sigue estudiando
sigue estudiando,
sigue estudiando,
si quieres aprobar.
Remitido polos amigos e amigas de Radio Furoca

22.5.08

Visita a Santiago



> por Pili O luns 19 de maio os alumnos e alumnas de sexto fomos de visita a Santiago, saímos da Laracha sobre as 10,15 en bus.
Ao chegar, o primeiro lugar ao que acudimos foi o Parlamento. Recibíunos Sara, que foi a guía que nos levou ata donde o grupo do PSOE se reúne para elaborar propostas para os galegos e as galegas.
Alí tamén, non ensinaron uns cadros que foron feitos todos por galegos como Quesada. Despois mostrounos a sala de recepción onde estaban os cadros dos presidentes do parlamento que houbo antes, despois fomos ao Hemiciclo, que é o lugar onde debaten o presidente, os conselleiros e os diputados. Brais estaba sentado no sitio do vicepresidente Quintana e Sergio no do Presidente Touriño, e para rematar a visita entramos na Sala das Letras Galegas onde están colgados as caricaturas dos autores homenajeados dende 1963, realizadas por Siro.

Logo fomos comer ao restaurante da Universidade no que podías comer o que quixeras do que había, a comida estaba moi ben.

Ao rematar o xantar, demos de paseo pola Alameda e xa nos diriximos á Catedral pola Rúa do Franco. Ao chegar empezamos a facer fotos sen parar á fachada do Obradoiro de bonita que era, tamén entramos e vimos o Pórtico da Gloria, o Santo dos Croques, baixamos a cripta onde están os restos do Apóstol, pero non lle puidemos dar a aperta porque aínda non era a hora das visitas, e a Capela da Corticela.

Para rematar a viaxe visitamos Galicia Dixital, entramos de dezásete en dezasete. Vimos mogollón de pelis con gafas especiais, nunha pantalla aparecía o botafumeiro e tiramos das cordas para movelo coma se fosemos tiraboleiros, a que nos marcaba o momento era a guía.

Tamén nos situamos no noso colexio a través dunhas imaxes aéreas, e vimos como unha especie de submarino no que entramos para poder ver as distintas especies de peixes que viven nas augas de Galicia.
Pero o que máis me gustou, foi como nos parecía que montabamos nunca montaña rusa polos tellados da Catedral. Foi xenial!
Logo cando terminou a visita, deixáronnos comprar algún recordo de Santiago antes de ir para a estación do tren e volver para casa, en tren!

Pasámolo moi ben!

21.5.08

Hip-hop de Bruna e Rufino


> debuxo: Dona Carme, nai de Bruna por Brais de la Iglesia


DE NOITE E DE DÍA

COMO NOS GUSTA

O HIP-HOP CANTAR

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... Sí…

EN GALEGO…

SOA MELLOR

O NOSO CANTAR.


PALABRAS FERMOSAS

COMO PAI E NAI

QUE LEVAN ATA O CEO

O NOSO FALAR,

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... SI…

EN GALEGO…


SEMPRE EN GALEGO

PODER MOCEAR

SEMPRE EN GALEGO

EN TODO LUGAR,

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... SI…

EN GALEGO…


DE NOITE E DE DÍA

COMO NOS GUSTA

O HIP-HOP CANTAR.

SEMPRE EN GALEGO

LEVANDO O COMPÁS.


EN GALEGO…

EN GALEGO…

SÍ HO!... SI…

EN GALEGO…
Letra: Manuela
Interpreta: Grupo Teatral O Lagarto, integrado polos alumnos e alumnas de 6º A

Semana das Letras

Estivemos a disfrutar a tope na Semana das Letras, houbo exposicións de cómics, tres corre-libro, día da música, do cine, do teatro, e Radio Letras no recre! con música galega, recitados, cantares feitos por compañeriros e compañeiras, e tamén... día de:
Os nosos falares, no que nos deron un exemplar da revista a cada un... emocionante.

> Pili Cotelo, redactora

5.5.08

Grazas amig@s!






Xa superamos as 12.ooo visitas nestes días!




Grazas a todos e todas por nos visitar. Estamos moi felices!




Apertas e bicos!








Equipo de redacción de O LAGARTO DIXITAL

24.4.08

Unha ra motorizada

Bruniña motorizada


. por Beatriz

 
O Lagarto Dixital
Sección: Animais


Queridos lectores, mirade a noticia que atopei, un can ou un gato como mascota é o máis normal, pero unha ra é un pouco raro (a non ser que sexas amigo ou amiga do Lagarto).
Unha señora tailandesa conseguiu que unha ra montara en moto e incluso conducira un camión de xoguete.
A muller, claro está, tiña moita paciencia e forza de vontade e convertíu a súa rara mascota nunha artista de circo.
E aínda máis, dí que lle fala! O peor é entender o que dí. Non credes?



23.4.08

Juan Gelman: Mi Buenos Aires querido

. para Mª Josefina e a súa familia


Juan Gelman, poeta e escritor arxentino, premio Cervantes 2008

MI BUENOS AIRES QUERIDO
Sentado al borde de una silla desfondada,
mareado, enfermo, casi vivo,
escribo versos previamente llorados
por la ciudad donde nací.
Hay que atraparlos, también aquí
nacieron hijos dulces míos
que entre tanto castigo te endulzan bellamente.
Hay que aprender a resistir.
Ni a irse ni a quedarse,
a resistir,
aunque es seguro
que habrá más penas y olvido.
Jan Gelman
> para saber máis clica e máis

As multicolores plumas dos paxaros


. Tradución ao galego de Adrián Felípez Fernández, 6º C

 
LENDA DOS INDIOS SUDAMERICANOS


Cando a noite deixou de ser a raiña do mundo e o sol mostrou por primeira vez a claridade do seu rostro,as flores,as arbores,os animais e a xente,iban revestindose das mais variadas cores.
A herba, humida do rocio, brillaba cos destellos dunha verde esmeralda;as nubes eran suaves e brancascoma o pelo da xoven ovella,incluso o xaugar orgulleciase ante a beleza da sua pel moteada,beleza que por outra parte non merecia.
Ocorreu, sen embargo, que despois de distribuir as cores o Sol olvidou a alguen: ¡os paxaros!
Eran os unicos que seguian sen cor, apizarrados como se os seus corpos tuveran largo tempo no barro. Non cesaban de protestar da mañan a noite con tal inxusticia,pero oSol non chegaba a oir os seus lamentos.
Os paxaros decidiron ir velo e pedirlle as cores. Todos os paxaros reunironse para o largo
viaxe.Os mais fortes iban diante:o Condor e a Aguia,o resto iban detras.So tres quedaron
en terra:o paxaro Hornero,que non podia deixar o seu niño a medio construir,a Golondrina,
que estaba satisfeita coa sua oscura cor,non tiña outro desexo que cantar,e o mais pequenos Colibris: ¿Como podia arriscarse a unha viaxe tan larga coas suas as tan febles?.
Mentres a manada de paxaros se alonxaba.Xa tan cerca do Sol as plumas sentian o calorpero ningun se rinde.
O Sol ve a manada ae pensa que hai que actuar con rapidez senon quere velos reducidos a cinza.Reune a todos aqueles que vagabundean polo ceo:as nubes e a neboa,os nubarrons... e o vento empeza a soprar:
Fiuuuuuu... fiuuuuuu e todas as nubes se unen nun estreito abrazo.A choiva empeza a caer.
Enton o Sol puxose a brillar con todas as suas forzas a traves da chuvia e encima,xusto encima dos paxaros formouse un arco de cores cegadoras:vermello,amarillo, verde añil, violeta...
A Aguia lanzou un grito:

-Mirade!
O Sol escuitou as nosas suplicas!
Todos os paxaros sumerxianse nas cores.
O cardenal pintouse todo de vermello, o ibis bañouse en branco, o flamenco cubríuse de rosa. O tucán tintou o peteiro amarelo e vermello. Deron grazas ao Sol e marcharon contentos e cantando. O ceo enteiro temblou.
O Sol riase e brillaba con forza porque dese agora,cada mañan, se levantarian cos cantos dos paxaros.
Mais... como é posible que o colibri,que non puido chegar ata o Sol, sea o paxaro máis bonito?
Duas gotas caeron no caliz das flores que o colibri mais ama.E cando,aquel dia inclinouse para bicalas co seu fino peteiro, as gotas resbalaron pouco a pouco polo seu corpo e forono pinceleando con todas as cores do iris e das flores.

Un mundo irreal

. por Andrea Cancelo Pastoriza, 6º C
Aconteceu nunca pequena aldea, nun lugar non moi lonxano, uns feitos estraños que só os coñece unha nena, Xandra.
Dende hai moito, Xandra observaba dende a ventá da súa habitación unha casa vella e abandoada, que daba mágoa vela, parecía que se ía caer. Mantivo a súa curiosidade ata que, un día, díxolle á súa nai:
- Vou ir a xogar fóra.
A súa nai díxolle que non tardara, que se ía facer de noite.
Xandra explícoulle á súa nai:
- Volvo axiña, ás sete xa estou de volta.
Cando saíu da casa eran ás cinco. Sabíao porque levaba un reloxo que lle regalaran seus pais.
Sen medo, foise achegando á casa porque era moi valente. Abriu a porta e escoitouse un rechío moi forte que sonou por toda a casa. Ríanse ruídos moi raros e, a cada paso que daba Xandra, as táboas do chan de madeira cruxían.
Cando exploraba unha habitación, viu unha porta moi pequena. Agachouse e entrou. Por un momento só sentía que baixaba por un tobogán ata que aterrizou no medio dun bosque.
Facía moita calor e o Sol parecía brilar con todas as súas forzas. Os animais salvaxes corrían polos prados. Xandra tiña a boca aberta e cando saíu do seu asombro, exclamou:
- Este sitio é precioso!
De súpeto, escoitou unha voz:
-Verdade que si? Chámome Lume e vivo aquí. Como te chamas ti? Como chegaches ata aquí? De onde ves?
Alí apareceu un pequeno trasno. Xandra non sabía que lle decir. Ao final, contestou:
-Chámome Xandra. A verdade é que non che sei explicar como cheguei ata aquí. Encantaríame descubrir o…
De pronto, apareceu unha pequena fada que lle dixo:
-Con moito gusto, ensinarémosche o bosque. Antes quería presentarme. Chámome Auga, porque a miña casa está no río Dourado. Queres vir?
-Claro que quero!
Os tres comezaron a nadar ata as profundidades do río. Alí convivían, polo menos, vinte fadas moi parecidas a Auga.
Xandra mirou o seu reloxo. Non poñía a hora que era. Preguntoulle a Lume:
-Neste país existe o tempo?
-Non. Nós só nos preocupamos de que reine a felicidade.
Xandra estaba cada vez máis preocupada:
-Entón, tereime que marchar. Xa vos visitarei outro día. Teño que voltar á miña casa ás sete.
Despedíronse entre bicos e abrazos e, cando Xandra subiu por unhas escaleiras que parecían chegar ao ceo, Lume díxolle:
-Cando veñas outra vez dime que son as horas!
Xandra xa nin se enterou. Pasou pola portiña e correu cara a súa casa.
Sabía que os volvería a ver no mundo por onde non corre o tempo.