23.4.08

Un mundo irreal

. por Andrea Cancelo Pastoriza, 6º C
Aconteceu nunca pequena aldea, nun lugar non moi lonxano, uns feitos estraños que só os coñece unha nena, Xandra.
Dende hai moito, Xandra observaba dende a ventá da súa habitación unha casa vella e abandoada, que daba mágoa vela, parecía que se ía caer. Mantivo a súa curiosidade ata que, un día, díxolle á súa nai:
- Vou ir a xogar fóra.
A súa nai díxolle que non tardara, que se ía facer de noite.
Xandra explícoulle á súa nai:
- Volvo axiña, ás sete xa estou de volta.
Cando saíu da casa eran ás cinco. Sabíao porque levaba un reloxo que lle regalaran seus pais.
Sen medo, foise achegando á casa porque era moi valente. Abriu a porta e escoitouse un rechío moi forte que sonou por toda a casa. Ríanse ruídos moi raros e, a cada paso que daba Xandra, as táboas do chan de madeira cruxían.
Cando exploraba unha habitación, viu unha porta moi pequena. Agachouse e entrou. Por un momento só sentía que baixaba por un tobogán ata que aterrizou no medio dun bosque.
Facía moita calor e o Sol parecía brilar con todas as súas forzas. Os animais salvaxes corrían polos prados. Xandra tiña a boca aberta e cando saíu do seu asombro, exclamou:
- Este sitio é precioso!
De súpeto, escoitou unha voz:
-Verdade que si? Chámome Lume e vivo aquí. Como te chamas ti? Como chegaches ata aquí? De onde ves?
Alí apareceu un pequeno trasno. Xandra non sabía que lle decir. Ao final, contestou:
-Chámome Xandra. A verdade é que non che sei explicar como cheguei ata aquí. Encantaríame descubrir o…
De pronto, apareceu unha pequena fada que lle dixo:
-Con moito gusto, ensinarémosche o bosque. Antes quería presentarme. Chámome Auga, porque a miña casa está no río Dourado. Queres vir?
-Claro que quero!
Os tres comezaron a nadar ata as profundidades do río. Alí convivían, polo menos, vinte fadas moi parecidas a Auga.
Xandra mirou o seu reloxo. Non poñía a hora que era. Preguntoulle a Lume:
-Neste país existe o tempo?
-Non. Nós só nos preocupamos de que reine a felicidade.
Xandra estaba cada vez máis preocupada:
-Entón, tereime que marchar. Xa vos visitarei outro día. Teño que voltar á miña casa ás sete.
Despedíronse entre bicos e abrazos e, cando Xandra subiu por unhas escaleiras que parecían chegar ao ceo, Lume díxolle:
-Cando veñas outra vez dime que son as horas!
Xandra xa nin se enterou. Pasou pola portiña e correu cara a súa casa.
Sabía que os volvería a ver no mundo por onde non corre o tempo.