14.12.13

De falar


De falar ou non falar na clase. Esta imaxe causou impacto cando a vimos na Voz de la escuela, nonsi? Claro que hai  que falar, porque hai un tempo para todo. Falemos na clase para aprender e compartir!
 
Estamos a falar dos ecosistemas, necesidade de conservar a natureza, ecoloxía, aforro de enerxía, de cadeas alimentarias... E mirade que cousas nos pasan que entrou una vaca na claxe muxindo a todo muxir, nada máis  repartíu Natalia o xornal, toda chea de peixes  e cousas do mar.
 
http://www.prensaescuela.es/web/lavozenlaescuela/ultimosenlaces.php
Como nos gustou tanto, aquí a tedes, a ver se cando visitemos o Aquarium Finisterrae xa teñen feita a escultura. deixamos tamén o enlace para que aprendades e disfrutedes tanto coma nós, clicade na vaquiña acuicultora.


Queridos nenos e nenas, o trimestre está  a punto de rematar e andamos nerviosos polas notas, coma non, espero que sexan as que esperades.