7.11.12

A castiñeira do Rego

De cando dona Castaña chegou á nosa escola


Dona Castaá atopa un novo fogar

Dona Castaña estaba nun tronco dunha árbore moi, moi alta e  un día soleado caíu da castiñeira e logo non podía volver a subir.
 Intentouno con todas as súas forzas pero non podía. Así que foi a dar una volta a ver si encontraba outra casa. 
Ninguna era igual, pero non se rendíu, seguíu buscando ata que atopou unha árbore moi bonita. Non era moi alta  ni moi baixa, pero valíalle, era cómoda e bonita, así que quedou nela moi feliz.


Víctor

O ano pasado tiñamos a dona Castaña con nós pero pasou algo, foi malo. Estabamos no patio do colexio xogando á corda, e dona Castaña tropezou coa corda porque nona vír e rompeu un pé.
Ao cabo dunha semana curou, pero non moi ben. Como era una castaña nona podían arreglar ben, ela estaba triste porque non podía xogar, pero intentouno e rompeu e dela naceu outra castaña.

Gabriel

Dona Castaña é unha castaña que é moi larpeira. Pero un día de sol non quedaba comida e díxollo á sua nai.
Foron xuntas ao mercado pero tampouco había nada, entón foron á praia e ali tomaron un xelado,
A súa nai dixo;
-Imos darnos un baño no mar.
E xuntas foron ao mar, dona Castaña non sabía nadar e tiña medo. A súa nai díxolle:
-Vouche inchar o flotador.
Cando estaban  a se bañar, encontraron un peixe e levárono para a casa. O peixe era de color dourado e puxéronlle Dourado de nome.

Iria