29.6.12

Cóntame un conto


A excursión

Unha vez  cuarto A foi de excursión e ao se meter por un paseo, ¡ale... era de noite!
Viron unhas luces de nada, acendidas e foron achegándose máis a elas e diante dos seus ollos viron unha mansión enorme. De repente oiron un... Ai!
E Manuel desaparecera. 
Todos se asustaron, comezou a chover e entraron na mansión, e así atoparon a pantasma de Manuel.

(Continuará)

* Álvaro
                       


O derby


Érase unha vez un equipo chamado Loureda. O Loureda perdía moitos partidos e non sabían que facer.
Ata que se lles ocorreu fichar a Kevin, Brais, Nico, Calvin, Fran e Dylan. Entón comezaron a gañar todos os partidos. 
Despois de gañar a liga dixo Dylan:
-Que ben xa gañamos todos os partidos!
Ata que xogaron contra o Dépor.  Un derby..!
Pero... gañou o Loureda 5-4. E así fixeron un equipazo.

* Fran

Carapuchiña Amarela

Hai moito tempo unha nena tiña unha capa amarela. Se vos dades conta veredes que se parece a Carapuchiña vermellas... 
-Dádesvos conta agora? Pois ela é súa irmán Carapuchiña amarela! Agora déixovos con ela. 
-Ola son Carapuchiña Amarela, seguro que nunca supístedes que existía. Pois sí, sí que existo.
Aparte diso, gústame moito estar con vós porque sodes moi simpáticos,  pero sobretodo estar acompañada que soa, a miña irmá sempre anda de conto en conto.
E espero que sexamos moi amigos dende agora.

* Ariadna