Parece que comezamos o curso hai uns días, pero xa pasou. Remata o curso e chegan as vacacións.
E coma sempre fixemos novos amigos que levaremos no corazón, porque aprendemos todos xuntos a ser mellores, e a querernos tal coma somos: faladores, reidores, alegres, bailadores, cantareiros, traballadores, axudadores... unhas marabillosas persoas!
Mirade o guapo e contento que está hoxe o noso Lagarto entre tanta lambetada que lle preparou na súa torta Raquel, non parou de lambetear mentras estivemos na festa, e agora anda a beber manzanilla.
Moitas grazas aos vosos pais e nais por compartir os vosos segredos comigo.
Felicidades e que pasedes unhas felices vacacións.
Manuela
Ah, e... non te olvides de ler!