Queridos nenos e nenas de 3º A:
Queremos darvos as gracias por como adornástedes a clase, nós estabamos moi guapos, Baltasar mesmo parecía unha fotografía.
Sabemos que este trimestre aprendichedes moito e tamén vos portástedes moi ben, gustounos a idea do "Día da mandarina", está moi ben porque precisamos moitas vitaminas para estar sans. As mandarinas están moi ben pero dicídille a Manuela que merecedes un carameliño, así que deixamovolos aquí no armario, no canto das mandarinas. Seguide a estudiar moito.