31.5.10

Viaxe cultural


Xa estamos a rematar o curso, parece mentira, pero é verdade.
O pasado venres fomos xa visitar o IES Manuel Murguia onde pasaremos  catro aniños a lo menos, e gustou moito a visita a todos e a todas, algúns xa soñamos coa catetería.... É tan bonita!
Pero, aínda estamos en Sexto.
O próximo xoves faremos  unha apaixoante viaxe a Santiago, para visitar o Museo do pobo galego e alí veremos tamén Bonaval co panteón de homes e mulleres ilustres, como Rosalía e Castelao entre outros. Tamén iremos visitar o Parlamento de Galicia. 
Estamos  desexando pasear por Santiago, e que chegue:
O día da excursión de fin de curso