20.1.07

Entrevista a Laura


4 Melanie Guillín Martínez
Ilustración: Melanie
Laura, cando comezache a practicar ximnasia rítmica?
-Comecei aos oito anos.
-Canto tempo entrenas ao día?
-Tres horas.
-Por que te interesache pola ximnasia?
-Porque ao velo na televisión, pareceume un deporte moi bonito.
-Hai moito tempo que participas nas competicións?
-Comecei a competir no ano 2001.
-Utilizas algún obxecto para entrenar, cal é o teu preferido?
-Varios, pelota, aro, o meu favorito é a cinta pola súa dificultade de controlar, semore se pode liar no último momento...
-É o que máis puntúa?
-Non, todos puntúan igulal, temos ai uns movementos obligatorios que facer en cada exercicio, e os erros van descontando da puntuación de partida.
-Ata que idade pensas seguir?
-Ata os dezaoito anos.
-Os teus pais anímante?
-Si, moito.
-É perigosa o a túa práctica deportiva, se tiveras algún accidente qué pasaría?
-Se tivese unha mala caída, podería quedar paralítica.
-Ensaias na casa?
-Non.
-Cal foi o campionato máis importante en que participache?
-O do ano pasado, o Campionato de Galicia, quedei primeira.
-Recordas o teu primeiro estiramento favorito?
-Sí, o sapo.
-Cómo se fai...?
-Así...
E Laura estirouse para nós ao momento, e tamén ao momento oíuse no ximnasio, un: Ai!, Oooooh! De admiración de tódolos presentes esvaecidos por un forte aplauso.