28.2.13

De viaxe

Visitamos a Casa das Ciencias e disfrutamos moito con todos as experiencias e as estrelas do Planetario.
Ao chegar, debuxamos o Palacete e votamos o  que máis nos gustou: o péndulo.
Para mañá a descripción... Uf,  iso sí que vai ser difícil!



Saúdos a Borja, Laura e Matías que tamén está hoxe maliño, adicámosvos as fotos.


Biblioteca




Onte asistimos a unha actividade sobre Xulio Verne no Concello. Gustounos moito aprender cousas sobre o autor e a súa obra. Os monitores Iria e Fran felicitáronnos por facelo tan ben.
Votamos en falta a Laura, que está maliña e a Borja,  unha aperta aos dous.

Queres saber máis de  Xulio Verne? 
Xulio VernePáxina sobre o autor e a súa obra.

Entroido



Abrimos a galería de Entroido.

25.2.13

De días


Pois claro.  ten que ser  o día de Rosalía! Dixo Iván despois de pensar un chisco.

Para saber cousas da nosa escritora, visita:


 24 de febreiro de1837 – 15 de xullo de1885

Alborada 

Canta, 
paxariño canta
de ponliña en ponla
que o sol se levanta
polo monte verde
polo verde monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes! 
...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre.
¡Canta!
Canta porque a luz te escoite.
¡Canta!
Canta que fuxeu a noite.

E para celebrar o 176 centenario do nacemento de Rosalía en toda a terra oíuse o son da esperanza  da aúa alborada interpretada polos po gaiteiros  para lle agradecer todo o que por todos fixo, nesta alborada de 2013.

De viaxe

Imos á Casa das Ciencias e ao Planetario! Prepara a visita, estuda ben o plano.




Clica para saber máis da Casa das Ciencias




 Neste enlace da NASA hai interesantes actividades para comezar unha viaxe espacial.  Aprenderás moitas cousas sobre os planetas e as estrelas, está en inglés, acepta o reto e disfruta:

  1, 2, 3.... Despegamos!

Tamén visitaremos a Biblioteca do Concello para unha interesante viaxe cultural no mundo dos libros e dos autores. 
Ler é divertido como xa sabes, porque:
 
  + LES   +   SABES


 Para saber máis de Xulio Verne

De plantas

Experiencia: A xerminación da lentella



Materiais:
Un bote. algodón, unha presa de lentellas. auga

Observación:
No interior de cada semente hai un embrión e contén alimento para permitir que medre hasta fabricar o seu propio alimento. A pel exterior das sementes é o tegumento, o alimento chámase albumen. Os cotiledóns son as pirmeiras follas que porduce a planta.

Seguimento da plantación: Alba
Coidadores: Noa e Alberto
Tamén compartiron o seu propio experimento: Laura, 


 

Ciclo da auga







Experiencia: O ciclo da auga

Materias: Unha bolsa hermética, terra mollada do pario. cinta adhesiva. ventá.

4.2.13

De cambios

Sofía presentou unha femosa experiencia. 
Para demostrar que as plantas despois de absorver a auga e as sales minerais polas raíces e transportalos ata as follas, para finalizar o proceso de nutrición,  dende  alí é distribuído por toda a planta para o seu alimento.

Proceso que expuxo moi ben, levou a cabo o seguinte experimento:

Variación da cor dos caraveis brancos




En dous vasos de auga con tinta azul e vermella, sumerxíu o talo das flores e conseguíu:
Un caravel azul
Un caravel rosado


Graciñas Sofía por tan femoso momento, porque os caraveis arrecendián tan ben que  chegou a primavera neste día de inverno

Tempo de Entroido


Estamos impacientes porque o Entroido está a chegar. Anúnciase para o sábado unha grande invasión de ratos bailóns e xalgareteiros no Cole.
Haberá que ir buscando un frautista no caso de que nonos poidamos espantar.