25.2.15

Pasei a Ponte de Baio



Celebramos onte o día a mellor rosa de cenfollas da nosa terra, Rosalía. Os nenos e nenas da nosa clase cantámoslle a súa Alborada porque é unha gran festa.
Buscamos poemas e coa axuda da nosa familia, descubrimos que  era un día moi especial e nos axudaron a coñecela mellor, Algúns escribimos os poemas favoritos de Resalía que nos aprenderon na casa e compartimolos na clase. Non queriamos que acabase nunca a clase de galego de onte!  
Ah!, fixemoslle en tódolos cadernos unha rosiña de cenfollas.
Aquí un agasallo, tamén, para as nosas familias, as que cantan son as pandereteiras de Baio. Manuela dí que son as mellores do mundo porque son quen de cantarlle á Ponte de Baio en Sevilla e mesmo o Guadalquivir  a tiña ciumes de que non lle cantensen  endexamáis a el tan ben!


24.2.15

De Rosalía

Galicia desperta coa fermosa  Alborada de Rosalía, cantade!





O buscador Google homenaxea a Rosalía polo seu 178 aniversario.

23.2.15

De Rosalía



Amiguiños, xa está petando na porta a Primavera, celebraremos o día do nacemento da rosa de cen follas das nosas letras.
Toda Galicia despertará maña coa súa alborada. Apúntate!
Enlaces aos actos organizados:

Casa de Rosalía

De quen é o día?

13.2.15

Día da Radio

 O Lagarto felicita a Radio Furoca

Celebramos hoxe o día da Radio, un gran medio para a difusión da actualidade aínda agora, non digamos en tempos pasados, que tantas alegrías proporcionou, lembrades os discos adicados, o parte...?  


Parabéns aos nosos amigos de Radio Furoca, a radio do noso corazón, saúdos a todos os que facedes posible ese proxecto entrañable alumnos, mestres e colaboradores.

Alí naceu o Lagarto tamén, e seguimos a colaborar.
Graciñas pola vosa xenerosa axuda compañeiros e compañeiras, xa vedes que hai  futuro.

Venres de Entroido




Ola amigos e amigas, onte martes de comadres artellamos todos os adobíos que nos facían falta para o noso traxe de gala para o desfile de Entroido. Esperamos que poidamos saír a dar unha voltiña para que vexades a elegancia dos vosos fillos e fillas.

Aproveito para agradecervos a todos e todas, pais, nais, avoas, avós, tías, tíos... a vosa inestimable colaboración, grazas por tantas molestias e atencións.

Graciñas especias tamén á profesora Patricia que nos axudou a nos poñer elegantes para a festa.

11.2.15

O afiador



Como cambian os tempos! Os nosos nenos e nenas non saben o que é o asubío do afiador, para remedialo e como o prometido ten que se pagar, nenos e nenas, unha primicia mundial: O afiador
Gracias Fuxan  outra e outra  vez!

Tempo de Entroido

"Peliqueiro" 
 2007   Ceras  témpera
Daniel Remuiñán e Sofía Alvarez

Todo o noso obradoiro en marcha para argallar a festa do Entroido. rapaces e rapazas imos alá. Participaremos no desfile, aínda temos que facer o traxe!
As previsións metereolóxicas para o venres anuncian chumias, se chovese non faríamos o desfile fóra do Centro.
Pero ao final, chova ou non,  comeremos filloas, flores de entroido e orellas, un consello, tapádeas ben, que a festa é moi larga.

4.2.15

De viaxe

Clica na imaxe


Lembrade que mañá visitamos a Domus. 

Tiñamos a visita aprazada porque se esperaba para aquel día caçiu  unha forte  chuvia e ameazas dunha cicloxénise explosiva.

Non foi tanto, pero estamos no febreiriño corto, e  está a chover e mesmo a nevar en Lugo i en outros lugares, esperemos que mañá non teñamos impedimentos atmosféricos, pero como nós somo aguerridos rapaces e rapazas, se está de chover.... que chova!

Tempo de Entroido


O Entroido vai chegar
e na comparsa,  ben guapiños e guapiñas
deberemos cantar e bailar,
diante de papá e mamá! 

..... 





O noso traxe, para axudar a papá e mamá, clicade na foto e poderedes ver polo miúdo como facelo.