27.5.14

Dia do Celíaco

                                                 
Hoxe celébrase o Dái Nacional do Celíaco e Mauro convidounos a celebralo con unha suculenta e fermosa pasta envolta con moito mimo. 
Sobre todoconvidounos  a pensar porque non é doado renunciar a moitas cousas como dicir non ás larpeiradas das festas e convites, cando eres un neno. 
Ai! Mauro, corazón, cantas leccións aprendemos contigo.

  Feliz día! 

Para saber máis:

26.5.14

Avaliación de diagnose

 Avaliación de diagnose:
Mañá comezaran as probas segúndo a normativa estableciída pola Consellería de Educación para o alumnado de Educación Primara que curse 4 nivel no presente curso:

Día 27 de maio:
  • Competencia matemática.
  • Descanso.
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
Día 28 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Descanso.
  • Cuestionarios de contexto.
Modelo de probas de cursos anteriores:
Andalucía e outras comunidades

14.5.14

Letras



Estamos no mes das Letras, onte recitamos para o celebrar un poema aos compañeiros e compañeiras de cuarto curso. aínda que estabamos preocupados,  fixémolo moi ben! 

Alba, presentadora
Coro de nenos: Iván, Saad, José
Coro de nenas: Laura, Sofía, Xulia
No tempo de ler escollimos unha palabra dun poema de Díaz Castro, tiñamos que atopala e escribir o verso no que estaba, que bonito...........! 
Tamén aparece Pastoriza, unha bonita sorpresa unha Pastoriza en Lugo.
Descubrindo tamén na Voz de la Escuela que hai palabras PAN, sabiádelo?
 Fixemos unha árbore de palabras e temos folliñas de palabras PAC, PAG, PAF, PAD...
As palabras PAD son as favoritas de Gabriel que vai correndo a buscalas no Dicionario e despois nolas le a todos. 

12.5.14

Saber

Porque o saber non ocupa lugar, canto sabemos das letras? 
Aquí temos unhas estupendas actividades para coñecer a Xosé Maria Díaz Castro dd CEIP San Xoan de Filgueira de Ferrol, graciñas compañeiros:  Mil primaveras!




Canto sabes de Díaz Castro? 
Clica e pasa a palabra

E se xa pasache as palabras, pasa a pregunta,

10.5.14

Maio das letras

Estamos  en Maio
das flores e dos  versos dos nosos autores


Letras vai traendo....

17 de maio de Xosé María Díaz Castro


"Alumarei con fachas de palabras ancho herdo meu o mundo que me deron"

O misterio dos libros de Fina

Fina veu a nos contar o misterio dos seus libros. Tódolos nenos e nenas de cuarto quedamos moi contentos coa súa visita.

Contounos moitas cousas da súa vida, sobre todo de cando era nena coma nós. Sabedes que Fina dixo que os recordos da infancia sempre os gardamos aínda de velliños? Mesmo cortou unha manga para demostrar que aínda non esquedera os traballos de modista. Impresionante.

 Ao rematar foi moi amable e asinou unha chea de libros. Todos cantos tiñamos!

Queremos darlle as gracias á profesora Virginia por nos deixar os libros da Biblioteca, e a bibliotecaria do I.E.S. de Pastoriza, que tamén nos axudou, graciña Marta,  Á nosa Fina que sempre nos deixa a chave do cuarto do tesouro cheo de papeis e colores do arco da vella.

Un neno e unha nena de cada clase de cuarto limos acando chegou este texto, dixo que o gardará no seu corazón de pan de ovo.


Bos días Fina:

Presentar a unha escritora non é fácil, teño medo de non acertar coas palabras ou  non  utilizar os  verbos axeitados.
Pero hoxe non teño medo porque sei que Fina Casalderrey é una profe, comezou moi nova aos 19 anos xa era mestra.
Pero antes de nena,  aínda tivo tempo de aprender de costureira e modista como lle gustaba á súa nai, será por eso que cose tan ben as palabras.
Despois de mestra, fíxose escritora, e escribíu… Escribíu contos, teatro, de todo.
As persoas maiores dirían que recibiche varios premios, e que eres membro de algo moi importante que se chama Real Academia Galega da Língua.
Pero para nós,  eres aínda máis importante porque nos aprendiche a resolver canda David o misterio dos gatiños de Lúa.
A mín fixécheme rir con algunhas palabras do libro que  non dicimos diante da profe, nin dos maiores.
 Aprendichenos  a querer aos avós cos Parrulos pobres, gustounos o gato negro de pelo crecho na busca do calor dos coches. o  gato da miña avoa fai o mesmo.
A recordarlle á Terra que xirara porque non acababa a noite. A maxia dos pombais, e viaxar en trens de chocolate,  a levar a Isha no corazón.
Tamén choramos canda Nolo, coma el,  quereriamos facer  unha escaleira ata o ceo.
Fina, mestra, grazas por escribir e ata sempre,  apertas de vainilla!          

Arteixo 8 de maio do ano de Xosé María Díaz Castro

Ao se despedir regalounos apertas de améndoas.

Agora estamos a traballar resumo do que máis nos gustou, facémolo amodo, porque como dixo Fina non vale calquera palabra, hai que escoller a mellor... Que dífícil debe ser escribir un libro Fina!

7.5.14

Visítanos unha amiga

http://fina.casalderrey.com/


Amigos e amigas, estamos moi felices. maña ven visitarnos unha amiga dos libros. Fina Casalderrey, mestra, escritora, e membro da Real Academia da Lingua.
Deixamos o enlace á súa páxina web, premede na foto.


http://fina.casalderrey.com/


Ata mñá, Fina. aínda que digas que eres dura coma unha Pedra de Pontevedra... o teu corazón é de pan de ovo.