29.10.13

Magosto


 
 
 
 


Tempo de castañas meus amigos, que bonito  é verdade?  Deixamos as imaxes das cabazas que fixemos que son ben lindas.

 
 
 
 
 




 
 




 




Fran, que onte estivo maliño, descubríu un segredo dos mestres e mestras de todo o mundo:
-Profe, xa sei por que nos mandades tallar cabazas tódolos anos, é para que os nenos e as nenas disfrutemos cos nosos pais cando as facemos!

E que Fran ademáis de bó é un filósofo!
 
 
Graciñas a todos os pais e nais por axudar aos vosos fillos e fillas, polas castañas... Sen vos non podería disfrutar da súa felicidade.
E por suposto aos avós, avoas, tíos, padriños...  Xa dicía o sabio que para educar a u neno, a una nena,  fai falta todo un pobo.
 
Unha aperta e feliz Magosto!
 

25.10.13

Medio

Imos un pouco retrasados nas entradas este curso porque estamos a traballar lanzados,  Alberto presentou moi ben o Sistema Solar, aquí deixamos o seu traballo.




Estamos a traballar a atmosfera e do aire. Para saber máis sobre a capa de ozono e completar o cuestionario.

Ola amigos e amigas do Lagarto, xa temos na ventá  a experiencia do Ciclo da auga, este ano aínda habemos aprender máis das nubes, do tempo atmosférico, das treboadas...

Alba e Saad recolleron a terra no patio e no canto de que fumos tocar a frauta á clase de música, xa estaban as pingas a subir e subir, mirade.