30.9.10

Un novo amigo


O Lagarto ten un novo amigo, sabémolo porque nolo dixo unha andoriña hoxe, queremos adicarlle este Platero tamén porque lle vai gustar moito.
Para tí Ángel, clica

Platero

Estamos coñecendo a Platero, e xa somos seus amigos. Hoxe Simón trouxo para a Biblioteca un Platero, e fixemos unha festa.

Catro por...

Como van esas tablas? Seguro que as estudiache, pero os nervios xogaron unha mala pasada á hora de contestar na quenda de clase.
Para aprendelas ben e seguir practicando, este novo enlace, pode axudarte moito.

23.9.10

As patas do gato

Enigma 1: Un gato ten catro patas, cantas patas teñen catro?
Para contestar ben debes aprender a mltiplicar as patas polos gatos.
Pincha e non dudarás.

A, B, C...

Imos dar un paseo co Abecedario, animádesvos? Recordamos que o primeiro vai diante e o segundo vai detrás, que non pase como no conto da letra U, cada quen o seu traballo.
Entrada ao tiovivo 

10.9.10

Novo curso

Comezamos un novo curso, novo Cole, novos amigos.
Os nosos nomes: Amira, Álvaro, Ariadna, Jonathan, Lucas, Pablo, Ainhoa, Fátima Zahra, Nicolás, José Kevin, Christian, Brais, Roi, Miriam, María, Raquel, Simón, Francisco, Anxo, Manuel, Sofía, Sergio e Pepa.
Os nosos compañeiros/as son: simpáticos, amables, xenerosos, traballadores, bos e boas.
Gústanos: a música, o baile, o deporte, o color rosa, xogar coa Play, ao fútbol, debuxar, ir a paraia, estudiar, a pizza, os bocadillos... e o noso Cole Novo!