30.1.09

30 de xaneiro: Día da Paz

Hoxe celebramos o día da Paz, limos e pensamos nestas cuestións que vos deixamos, pero aínda temos moitas máis, coloreamos mandalas, e as puxemos no corredor, para contribuir ao desexo dun mundo mellor, mentras o faciamos cantamos a canción da PAZ.
1.- Día 30 de enero, día mundial de la Paz


2.- La paz es un sueño… hazlo realidad

3.- La paz es un deber,… cúmplelo

4.- La paz es una riqueza,… consérvala

5.- La paz es una promesa,… realízala
6.- Día 30 de enero, día mundial de la Paz
7.- Cambia balas por caramelos

8.- Transforma los cañones en libros
9.- Cambia tanques por tractores

10.- Convierte los aviones de guerra en mariposas
11.- En cada fusil una rosa
12.- Día 30 de enero, día mundial de la Paz

13.- La paz es un himno,.. cántalo

14.- La paz es un tesoro,…
cuídalo
15.- La paz es paz,… defiéndela

16.- Día 30 de enero, día mundial de la Paz


17.- La paz es paz,… defiéndela

18.- La paz es una aventura,…
arriésgate
a Audio

Gañou Nadal


Rafael Nadal venceu , nunha apaixoante semifinal española celebrada hoxe en Melbourne a Fernando Verdasco por 6-7 (4), 6-4, 7-6 (2), 6-7 (1) e 6-4.
Rafi consigue por primeira vez xogar a final do Aberto de Australia que disputará co suizo Roger Federer.

29.1.09

O balcón voador

O venres estábamos na miña casa ceando con invitados cando de repente escoitamos un ¡BUM! e marchou a luz, foi sorprendente!
A miña nai e eu fumos correndo a por unhas cantas veas para todos e empezamos a comer os invitados foronse a súa casa. Cando chegaron á súa casa, chamaronme porque un balcón voara, ao día seguinte funo ver e era a verdade, por sorte xa e luns pasara case todo, e tivemos colexio.

> Estefanía Espadas Bernal


27.1.09

Impresións do vendaval

Estaba eu na miña casa á noitiña, cando comecei a oir choiva, granizo e vento moi forte. Miña nai díxome que viña un ciclón e que era moi forte, e papá pensou que ía voar o tellado.
Eu collín moito medo e meu irmán tamén, puxémonos a chorar, a berrar e patalexar... mamá e papá dixeron que non pasaba nada e que durmísemos.
Ao pouco, todo parou pois nós quedamos durmidos.
Cando despertamos, oimos e vimos todo o que pasara na tele e na radio.
> Jenny Golán Aller

Impresións da tempestade

O venres houbo un ciclón, non fun ao colexio porque suspenderon as clases. Pola noite, había ventos de máis de cen quilómetros por hora, antes de me deitar, tomei un colacao e a miña nai mailo meu pai puxeron pinzas da roupa nas ventás para que non abaneasen e romperan os cristais-
Xa na cama, arroupeime coa manta e caín durmido.
> Daniel González Piqué

As miñas impresións do temporal

O venres pola noite houbo un ciclón, eu metidiña na cama escoitaba un vento que parecía querer levar o tellado, e tamén a todos nós, sentín moito medo, tapeime ata o nariz coa manta como fago sempre que teño medo e así pásaseme.
Arredor das dúas da mañán, desperteime por causa do vento e mirei o reloxio da mesiña de noite e pestenaba pois non había luz eléctirca, sei que era esa hora porque sempre deixo o de pulseira á man, tremando de medo pois o vento parecía querer levarme con el, conseguín volver a durmir.
Ao despertar todo estaba no seu sitio, despois funme enterando cando levei de paseo a Luky, o meu can, de algúns desperfectos que fixera o ciclón, ao meu veciño quedou sen a reixa da cancela.

> Ana García Varela

Impresións do temporal

O ciclón comezou pola noite, eu tiña frio e logo escoltaba granizar e chover.
Ao dia seguinte, levanteime puxen a bata porque tiña moito frio, e fun a desaiunar. O meu pai foi ao traballo, eu quedei na casa porque non había clase.
Cando volveu, contou que a unhas rapazas de Marrocos que foran comprar ao mercado díxéron que lles rompera o tellado da súa casa, e que a policia mandaunas para outra casa ata que o arranxaran.

> Yasmina Mahdaoui Mañana

23.1.09

A Consellería suspende as clases




Educación suspende hoxe as clases nas provincias da Coruña e Lugo ante a previsión dun episodio meteorolóxico adverso por vento en terra de nivel de alerta laranxa



A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ante a previsión dun episodio meteorolóxico adverso por vento en terra de nivel de alerta laranxa que afectará principalmente ás provincias da Coruña e de Lugo, e como medida preventiva, decidiu pechar durante a xornada de hoxe venres todos os centros de ensino non universitarios destas dúas provincias.
Esta decisión foi comunicada aos 820 centros educativos pertencentes ás provincias da Coruña e de Lugo, nos que estudan preto de 190.000 alumnos/as, e ás empresas que realizan o servizo de transporte escolar nestas dúas provincias.
A decisión adoptouse despois das conversas mantidas entre a conselleira de Educación e os responsables das Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Segundo as previsións do Centro Meteorolóxico Territorial da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o vento será especialmente intenso a partir do mediodía, podendo acadar os 140 quilómetros por hora, nas provincias da Coruña e Lugo.

22.1.09

Penélope candidata ao Oscar















A actriz española Penélope Cruz foi nominada ao Oscar como Mellor actriz de Reparto polo seu papel na película "Vicky Cristina Barcelona", de Woody Allen, según anunciou hoxe xoves a Academia de Cine de Hollywood.


Boa sorte Penélope!

Palilleira

Lara non deixa de nos sorprender, acabamos de saber que sabe palillar, aprendeulle a súa nai que é unha artista palilleira, mirade senón a mostra que fixo coa súa axuda da cor do Lagarto.
Bravo Lara é unha moi fermosa tradición da nosa terra que estivo a piques de desaparecer pero algunhas mulleres tan emprendedoras e traballadoras coma tí, fixeron posible que seguise adiante o encaixe de bolillos ou de palillos para algúns, de Camariñas para nós, pois foi o lugar onde houbo máis tradición.
As mulleres xuntábanse nas famosas palilladas que eran tamén unha festiña, pois lembrade que non había tele. Non todo era festa pois un traballo tan fermoso cansa tamén moito.

20.1.09

Toma de posesión




Hoxe en Estados Unidos de Norteamérica é un día moi especial. Un novo Presidente vai ocupar o despacho oval da Casa Blanca. Cada vez que esto acontece é unha festa porque é a resposta a un acto democrático, pero a toma de posesión do 20 de xaneiro de 2009 é aínda mais especial.


Por primeira vez o Presidente vai ser unha persoa que representa ás minorías étnicas, é unha persoa de color, e ademáis, a súa nai branca e o pai de color, por eso todo o mundo síntese un pouco representado por el,
Ás 6 da tarde hora española terá sugar o acontecemento, non volo perdades, o camiño foi moi longo, e Obama quixo simbolizalo con esa viaxe en tren que realizara Linconl, pagará a pena chegar canda el. Os tempos mudaron.


- Sabes por que escolleu Obama esta viaxe simbólica en tren segundo o que fixera Lincoln?
- Sabes cantos presidentes americanos houbo antes que Obama?
- Sabes o ano en que a poboación de color de Estados Unidos obtivo o dereito ao voto?

16.1.09

Por que votan sal nas estradas?

Estes días pasados de moito frío, formouse moito xeo nas estradas e as autoridades mandaron votar sal.
Sabes explicar o por qué?
Para derretir a neve e o xeo.
Lara, Yasmina
Explicación:

O sal axuda a baixar o punto de fusión porque non se conxela ata que a temperatura chega a trinta graos baixo cero (-30º C).
Por eso en inverno cando vai moito frio, vótase sal nas estradas para que a neve e o xeo derrítanse antes.

13.1.09

O blog de Lara e Jenny


Amigos e amigas, Lara e Jenny acaban de crear o seu propio blog, ánimo Lara e Jenny, seguro que facedes un excelente traballo.
PARABÉNS RAPAZAS!

Música favorita




Jonas Brothers (Camp Rock)-"Play My Music"
Cargado por brienta




Queridos amigos e amigas, comezamos unha nova sección adicada á música. Estas cancións de Jonas Brothers esperemos que sexa do voso agrado, é un tema temas movido e pegadizo que vos vai facer bailar sen parar.

Disfrutade con: "Play my music". Ata a próxima!



a por Ana, Noemí e Lara

10.1.09

Isto vai de cine



A peli que nos recomenda Ana para estes días, High School 3
non a perdades!

Visita ao Encoro de Cecebre

O 18 de decembro fomos de visita ao Encoro de Cecebre, gustounos moito, e aquí tedes os momentos sublimes para o recordo.
Ah, graciñas a todas as nais por pensar en todo, o tempo ía moi chuvioso naqueles días, e mercaronnos unhas botas moi fermosas a proba de diluvios!

Os máis lidos: Bala perdida


Bala perdida



Autor: Manuel Rivas

Editorial: Alfaguara
Ano publicación: 1996

Argumento:

Un pirata con escrúpulos e unha nova periodista sen pelos na lengua, levounos á maxia e ao misterio dende a vella imprenta da rúa de Panadeiras...
Eu leo, tí les? Lendo todo é máis fermoso

9.1.09



TÍTULO: Un Polizón en la Maleta


Autor: Bieniek, Christian

Editorial: SM Ediciones


La abuela de Kerstin gana un premio estupendo, y eso sin ni siquiera haber participado en ningún concurso. ¡Un crucero por el Caribe, nada menos! Y, de repente, a Kerstin le entran unas ganas locas de ir de viaje también. Claro que no tiene billete, ni dinero para comprarlo, ni trajes que ponerse, ni... Pero si consigue encontrar una maleta, una maleta muy grande.

Os máis lidos

As encargadas da Biblioteca nos informan que os libros máis lidos son:
Castelán: Un polizón en la maleta
Galego: Bala perdida

Os compañeiros máis leónsa: Ikhlasse, Karima, Lara e Meryama

Viaxe a Francia en oito minutos


Foto: Ana



a Meryama
A mín gustaríame ir a Francia, vivir alí, ver a Torre Eiffel e moitas cousas máis, visitar a xente que coñezo e tamén me gustaría ir a Italia, probar os espaguettis, visitar lugares fermosos como din que alí e cousas bonitas comprarme e pasar unha boa parte do ano, os meses de escolas a poder ser, neses dous países.

Viaxe a Os Ánxeles en oito minutos


a por Ana

Un día de inverno, en Arteixo, A Coruña, pasouseme pola cabeza ir de viaxe ata Os Ánxeles, California, entón pregunteille aos meus pais se podía ir, pero non me deixaron por motivos de diñeiro, claro, porque estamos en crise.

Eu decidín pagar eu soíña a miña viaxe, e así o fixen, rompín o peto e collín todos os meus aforros. Entón ao chegar ao aeroporto merquei os billetes do avión e saín pitando. Tería que facer escala en moitos lugares porque era un vó nunha compañía de viaxes baratos, pero tanto me tiña, con tal de chegar alí.

Ao aterrar no meu destiño decateime me que non tiña ningún lugar onde durmir, pero aínda era de día, xa o pensaría.

Saín do aeroporto e un señor preguntoume:

-Oes nena, que fas aquí tí soa?

-E que meus pais non me deixaban e escapeime porque quería ver ás estrelas do cine ao natural, polo tanto tiña que vir a Hollywood.

O señor mirou para min con unha cara de pena, que tamén ma deu a min nese momento, pero non me arredei, eu xa estaba asustada dabondo para que aquela cara arrepiante me votara para atrás despois de chegar tan lexos de Arteixo.

-Como te chamas? preguntoume, votándolle todo o valor que puido, eu chámome Luis e son de Lendo, viñen aquí de neno coma tí, para tentar traballar no cine,

Díxenlle o meu nome e fixémonos amigos, tiven moita sorte poque non podería nin saír do aeroporto cando vin todo aquel lio e sen un euro no peto...

Contoume que era director de cine e traballaran con el moitos actores famosos, e que dirixira as películas High School Musical!

Pensei que me daba un ataque, levoume aos estudos, deu unha festa para min onde me presentou aos actores e actrices das tres películas e... dixo a profe que xa pasaran os oito miniutos!

Gracias a ela, aforrei os cartos da volta, que non tiña, aínda que supoño que o meu amigo de Lendo me tería axudado, porque nos gusta aos dous moito vivir en Arteixo!

8.1.09

Feliz 2009

Estamos de novo no cole, e parece que foi onte cando marchamos de vacacións... Pero eso sí temos moito entusiasmo e ganas de traballar a esgalla, para aprender cousas novas e interesantes neste trimestre.
Como fomos moi estudiosos e estudiosas, os Reis viñeron cargadiños de agasallos para todos nós.

Cantos de Reis




Entre os cantos de Nadal da nosa comunidade destacamos as Panxoliñas, os cantos de Aninovo, Os Manueles, e coma non os Cantos de Reis, como este que vos presentamos.