30.10.08

Feliz aniversario Carla



Amigos e amigas o domingo día 2 de novembro está de aniversario Carla, e queremos adicarlle as "Mañanitas".
Esperamos que che gusten Carla, felicidades tamén á túa familia por seres unha rapaza tan encantadora.

Parabéns Carla!
Quietos parados todos e todas, que non se lle pode tirar das orellas o luns, xa sabedes o dito:

Pasou o día,
pasou a romaría.

29.10.08

As nosas mascotas: Coco

Ola, este e o meu can Coco e o vou describir, Coco é pequeno e peludo, ten o pelo marrón e negro gústalle ir po la pista que hai detras da miña casa cos meus outros cans Jaki, Leo e Perla.
Coco ten  dous anos e divertido e o fagóo rabiar facilmente porque é moi nervioso pero me perdoa.
Un bico


a por Andrea

28.10.08

Teatro: Remedios para todos

Hoxe libro de galego tiña unha sorpresa, unha obriña de teatro! A obra titúlase: Remedios para todos, de Euloxio Ruibal.

Pedínlle a Manuela se a podíamos ler pos gustounos moito a dos xigantes e a de Fray Perico, e deixounos.

Saíunos bastante ben, pero temos que facelo mellor.

Lara

Os paxaros famentos

O domingo 26 de outubro a miña irmá, míña curmá mais eu, atopamos un niño de seis paxariños sen contar á súa nai e o seu pai.
A nai estaba mal , o notabamos porque tiña mala cara, collímolaacer e miramos aos paxariños, vimos que estaban famentos, dímoslles de comer aínda que era algo moi asquerosiño, pero a pesar de eso, seguímolo a facer ata que chegou a veterinaria.
A veterinaria levounos a un sitio e dixo que estarían mellor alí ata que fosen maiores.
a por Miriam 5º C
reporteira

As nosas mascotas: Pulguita

A miña mascota é unha cadela, chámase Pulguita. Naceu cando eu tiña catro anos, o seu tamaño é pequno, de cor negra e vermello coma o lume, é moi cariñosa e obediente.

a por Isabel

25.10.08

As nosas mascotas: Rubí




A miña tartaruga Rubí, é moi boa e o seu carácter é un pouquiño xeniudo porque cando a lavo abre a boca ¡quéreme morder!
Rubí é verde con manchas amarelas e un pouco grandes, pero eu no fondo a quero moito e é moi boa.

a por Yasmina

De corazón a corazón


As cousas miúdas fan aos nen@s e aos grandes nen@s porque van cargadas de xenerosidade coma estas:

A mensaxe de Ana, aínda que non estaba na foto.
O chaveiro de Noemí.

O mobil desconectado de Rodrigo esperando o resultado da operación da avoa.
A pombiña mensaxeira estudia, estudia que non atopou a conectada a Manuela.

O lapis de Fani que sempre deixa con un sorriso.
A figuriña de barro de Lara.
Os cogumelos de Carla.

A mochila

Nesta semana levaremos a mochila cargada con:
a Dicir cousas boas dos demáis.
a Tolerancia Cero cos insultos.
a O compromiso de Isabel para actualizar a axenda.

Para reciclar

Lista de reciclase:


a As axendas que perden as follas de anotar actividades.

a Os rebumbios.


Papeleira para o lixo:


x Os virus que nos atacaron nestes días

x A escaiola de Yago


Os cogumelos de Carla









Carla atopou na súa casa uns cogumelos delgadiños coma flores, semellan sombrillas de Playmobil, non sí?

Fixo unha delicada bandexa de plata para nolos traer e conservalos ben.
Grazas Carla pola túa xenerosidade.

23.10.08

Magosto




Para saber máis cousas do magosto propóñovos facer estas actividades.

Paseo pola Feira histórica de Arteixo

O venres 12 de outubro, comezou en Arteixo a IX Feira histórica, había postos de artesanía (con xoias, colares e aneis), de barro, coiro, castañas, pan, e moitas cousas máis.
Ás dez da noite a Alcaldesa líu o pregón i explicou que este ano estaba adicado á emigración.
O sábado ademáis dos postos houbo tamén grupos de músicos, un mago e xogos populares. Á noitiña tres grupos musicais amenizaron unha noite de festa.
Na mañá do domingo organizaron actividades, había unha para cruzar o río cunha corda que me gustou moito, pero eu non me atrevín. Xa pola tarde pouco antes de rematar, ía paseando cos meus pais e parei nun obradoiro de barro para lle facer á Manuela un detalliño, que lle gustou moito e o colocou na Biblioteca da clase.


por Lara
Reporteira

22.10.08

Tempo de castañas











O outono anda a tinguir a natureza de dourado, aínda que este ano resistíronse viñeron as chuvias onte pero non parecen querer quedar onda nós, e o sol brila de novo sen querer marchar.
As árbores van perdendo as súas follas e terra está a se preparar para a invernía.
Entramentras, andamos a asar castañas grandes e boas este ano, para celebrar a xenerosidade da natureza, nalgúns lugares da nosa comunidade fan no magosto boas festas, como en Ourense.
Polas terras do norte somos menos festeiros neste intre, pero damos boa conta das castañas, facemos colares con zonchos que colgamos o día de Todos os Santos, como nos aprenderon as avoas e lembramos a todos os nosos devanceiros.

Gastámonos moitas falcatruadas, mandanche a un cuarto da casa no que por casualidade non funciona ningún tipo de luz, ata que ves un resplandor arrepiante dentro dunha cabaza, ou sintes un berro que da medo... cando menos, e por Cedeira, arman unha boa festa dende hai anos grazas a un mestre que andivo a pescudar nos libros e a falar cos vellos, cousa que esquecemos a miúdo.

En resumo, sabido é desde vello que non é tempo de ser ben mandado, despois soupemos que isto é o tempo de magosto e samaín... pero nono esquezas:

Isto non é o jalogüín,
sí, oh, sí,
é o noso Samaín!



Feliz aninovo!

20.10.08

IX Feira Histórica 1900 de Arteixo




Un ano máis celebrouse en Anteixo a Feira Histórica, este ano o 1909, adicada á emigración.

A nosa redactora Lara fará unha reportaxe da súa experiencia na presente edición.

13.10.08

Suma, sumando

Para ser xenial en mates, a suma e as súas propiedades : clica

Queres participar nunha carreira de sumas e restas?
Veña serás @ Alonso da clase!

Sen máis problemas son ben doados, eh? Agora: usa o coco.

Platero



Hemos hablado de la importancia de los burros, y la necesidad de respetar a los animales porque son seres vivos.

Y lo prometido es deuda, aquí tenéis a Platerillo: disfrutadlo

Hoy: Lengua

Después de realizar estas actividades, no te marearás con las sílabas átonas o tónicas con o sin tilde.

Compuébalo y ya me lo dirás: Clica

Para no olvidar

9.10.08

E o gañador é...

Aprendede mates

Por que...?


Por que din que a lúa é mentireira?


O gañador@ recibirá un sabroso agasallo!

6.10.08

Todo chega

E tamén os exames, reláxate con esta preciosa música. E non esquezas o Chiquiliestudia!


2.10.08

Contando en romanos





Querido amig@:













Queres investigar nas diferentes formas de representar os números?


Clica

A que che gustou?
Agora podes perderlle o medo aos romanos con esta actividade:


Clica


Debes escoller a opción velo no ordenador

Coñecendo os cogumelos

Hoxe: cogumelos

Que vos pareceu a clase de hoxe?

Para coñecer variedades comestibles: clica

Lembrade que os cogumelos poden ser perigosos.

Reino vexetal


Esta páxina vaiche gustar moito, preme e disfruta.

Reino animal

Para saber máis dos animais, podedes consultar estas páxinas.

Clica

Clica

1.10.08

O reino dos fungos

Queres saber màis cousas deste apaixoante mundo?
Prepárate:
Clica:

1 Vive la Naturaleza

2