26.3.08

Que será. que será



Cal será esta cousiña cousa meus amigos,


adiviñade quen será miñas amigas:



"Polos penedos arriba


verde esmeralda,


rabo rabelo,


pata estirada,


corre que corre


mociña salada."

12.3.08

Concurso

O equipo de Redacción de O Lagarto, convoca un concurso entre os seus lectores e lectoras.
Se podes contestar a estas preguntas demostrarás ser un lagarto sabicheiro, e a túa fidelidade será recompensada con un suculento premio.
1. Quen escribíu un artigo sobre os concertos didácticos?
2. A qué país viaxou Bruna?
3. Cal foi o alumno que quedou xordo no desfile das Olimpiadas de Entroido.
Sabes as respostas? Entrégaas na redacción e... sorte!

10.3.08

Manuel Curros Enríquez


Centenario da morte de Curros


A Habana 7 de marzo de 1908



Actos conmemorativos

Novidades


Hai xa un tempo que vos queriamos falar dun buscador galego,velaquí tedes este enlace para comprobar que a nosa lingua está na onda.

Sabías que...


A Galipedia, versión galega da Wikipedia que é un proxecto internacional feito por voluntarios e que ten por finalidade o propòsito de facer unha enciclopedia libre, colaborativa e de balde en todos os idiomas, para transmitir o coñecemento sen "restriccións comerciais", aberto a toda persoa interesada en contribuír.

A versión galega, que naceu o 8 de marzo de 2003, xa conta con máis de 30.000 artigos.


Parabéns a todos e todas que a consultamos e feliz aniversario!

O mundo animal


AS TARTARUGAS


. por Gabriel, curso 6º C


Colaborador


Ao igual que o restos dos réptiles, as tartarugas son animais ectotérmicos; é dicir, a súa temperatura corporal depende da do medio ambiente. Isto fai que as tartarugas sexan máis abundantes en áreas tropicais e subtropicais.


CARACTERÍSTICAS FÍSICAS


As tartarugas teñen tamaños moi variables, desde a tartaruga caixa de Norteamerica, de uns 15 cm de lonxitude , ata a xigantesca tartaruga laud, un animal mariño que pode alcanzar unha lonxitude duns 2,4 m e pode chegar a pesar 900 kilogramos.

O caparazón típico dunha tartaruga está formado por dúas capas: unha interior ósea, cuxas seccións reciben o nome de placas, e unha capa superior córnea (de queratina), formada polos chamados escudos.

Os osos do cránio da tartaruga están conectados de maneira inamovible. O animal carece de dentes, e tamén de esternón.

A respiración realízase coa axuda dos músculos abdominais e pectorais xa que ao vivir dentro dun caparazón ríxido non poden expandir o peito para axudarse na respiración.


Todas as tartarugas son oviparas. Enterran os ovos en niños que contruen na terra e que despois abandoan. As tartarugas son moi lonxevas; algunhas especies viven mais de 100 anos.


CLASES DE TARTARUGAS

Hai moitas clases distintas de tartarugas entre elas estan :

- TARTARUGAS DE AUGA DULCE ( GALÁPAGOS )
- TARTARUGAS DE CAPARAZÓN BRANDO
- TARTARUGAS MORDEDORAS
- TARTARUGAS MARIÑAS
- TARTARUGAS TERRESTRES


Para saber máis

7.3.08

Aula de Sonia

O noso corazón... en tres anos

Como vos contou Mely hai uns días estivemos compartindo a aula de informática cos neno e nenas de tres anos da profesora Sonia.

Daba gusto ver aos grandullós e grandullonas do cole,
desfacerse como a manteiga cos pequerrechos mentras dicían cousas como "son tan ricos", "que queres facer agora?", que lindos!"... Mirade se non as cariñas dos "maiores", mesmo as dos máis... duros?


GRAZAS SONIA!

6.3.08

Investigando


. por Andrea Cancelo Pastoriza

Colaboradora 6º C


Nome: United States of America (Estados Unidos de América)
Capital: Washington D.C.
Cidade máis poboada: Nova York
Idiomas oficiais: O inglés é o principal, aínda que se fala tamén o español, o francés, e incluso o hawaiano é recoñecido nalgúns estados
Forma de goberno: República federal democrática
Cidade máis poboada: Nova York
Población: 302. 688. 000 habitantes
Superficie: 9. 631. 418 km cadrados

HISTORIA


Estados Unidos foi unha colonia británica ata o 4 de xullo de 1776, cando declarou oficialmente a súa independencia. Actualmente, o seu presidente é George Bush, que se atopa no cargo dende 2001, aínda que houbo moitos outros presidentes. O primer presidente da historia do país foi George Washington, despois seguiulle John Adams, pasando por Abraham Lincoln… En total houbo 42 presidentes antes que George Bush.

ESTADOS

Estados Unidos conta con 50 estados como Texas, Arizona, California, Alaska… E tamén conta coas posesións de Porto Rico, Guam, illas Vírgenes…

POBOACIÓN

Nun século a población do país multiplicouse por catro. No 1900 contaba xa con 76 millóns de habitantes e agora sobrepasan os 300 millóns. A comezos do século XX a media da población era de 23 anos, pero no 2010 será de 36 anos. A población anciá neste século multiplicouse por dez. En 1900 eran 3.1 millóns e agora son 37 millóns. No 2010 a población pode superar os 40 millóns de habitantes.

COMPOSICIÓN ÉTNICA E RELIXIÓN


As persoas de raza branca constitúen o 74.7 % da poboación, (uns 224.1 millóns) e as de raza negra o 12.1 % (36 millóns).
O 76. 7 % dos estadounidenses son cristiáns, un 52% como membros de diferentes iglesias: Protestante e a dos Católicos Romanos. Un 1.4% son xudeus e un 14.2% da xente recoñece que non practica ningunha relixión.

5.3.08

Poemas de Paz


Os creativos alumnos de 5º A, non deixan de nos admirar coas súas creacións literarias, velaquí un poema sobre a paz, realizado por:


Christian Rey Gómez


Aínda que non a vexas

aínda que non a sintas,

é algo que desexas

é algo que precisas.


Que hermoso é rirse

pasalo ben cos amigos

non discutir con ninguén

vivir en paz e tranquilos.


A guerra custa cartos,

a paz é moi barata,

o mundo está ao revés

porque gasta e mata.


Dá igual a cor que teñamos

que máis dá de donde sexamos,

o que ten que importarnos

e que ben debemos levarnos.


Esta poesía que escribo,

ao fin está chegando,

espero que cando a leas,

a paz estea declarando.

Visita á Voz de Galicia


. por Adrián, curso 6º C
Colaborador


O día 20 de Febreiro de 2008 fumos as clases de 6º do colexio C.E.I.P Otero Pedraio a ver como se facían os periódicos de A Voz de Galicia.

Ao chegar a redacción recibiunos en recepción a guia turística que nos explicou en que ano se fundou,foi no ano 1882 porJuan Fernandez-Latorre. Explicounos cómo se fai o periódico. Desde que se produce ata que chegue as mans do lector.
Ensinounos como funcionaba a rotativa e a que hora empezaba a funcionar. Máis tarde fumos a sala da tinta, na sala había 28 graos para que a tinta non se secase, tiñan 4 cores negro, azul, amarelo evermello.
Ensinounos o almacén de bobinas cada unha pesaría 1,5 tonelada e como era a expedición e cerre.

Ao final levounos ao museo da redacción. Alí tiñan unha páxina de cada periódico antigo é as maquinas antigas que se encargaban de imprimir en planchas de ferro as noticias e ao final facendo as pasar por unha antiga rotativa.

Este método non se deixou de usar ata os anos 70.

2.3.08

Extra! O Lagarto de febreiro na rúa!

Benqueridos amigos, benqueridas amigas, estade atentos:
O Lagarto de febreiro está a piques de saír da rotativa de Humberto.